Preto de 1,3 millóns de euros destinará este ano a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para mellorar e modernizar as 35 estacións de autobuses baixo titularidade autonómica. Renovación de escaleiras mecánicas, reforma dos equipamentos da propia estación de autobuses ou mellora dos patios de manobra e construción de novas dársenas son algunhas das actuacións que se levarán a cabo. Ademais, este plan pretende potenciar a estación de autobuses como centro de actividades, favorecendo a posibilidade de instalar oficinas municipais, oficinas de información e turismo, ou expositores de artesanía local, así como ofrecer cobertura WiFi gratuíta, entre outros servizos. Asimesmo, os responsables da Consellería anunciaron que sairán a concurso as concesións das estacións de autobuses de Monforte de Lemos e Sarria, entre outras.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou en Pantón a pegada que está a
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou xunto coa directora
• A través dunha proposición non de lei do Grupo Popular que tamén solicita a reactivación