Sarria incorporouse á rede de compostaxe doméstica

Sogama entregou á localidade 30 composteiros e material divulgativo sobre como obter compost de calidade

O Concello de Sarria ven de sumarse á iniciativa promovida pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) para o desenvolvemento da compostaxe doméstica.

ENTREGA DE MATERIAL DIDÁCTICO, COMPOSTEIROS, E FORMACIÓN DE PERSOAL PARA ASESORAMENTO

Un total de 30 composteiros foron entregados pola Sociedade ao municipio, acompañados da cartelería e material divulgativo de apoio no que se explica de forma detallada a técnica a seguir para que o compost obtido teña unha boa calidade e poida ser empregado, con absolutas garantías, en hortas, xardíns e terras de cultivo. Asimesmo, Sogama asumiu a formación de representantes do concello para que, á súa vez, estes se encarguen de transmitir os coñecementos adquiridos aos usuarios, realizando un seguimento pormenorizado do seu labor.

OBXECTIVO: FACILITAR A RECICLAXE ORGÁNICA DENDE A ORIXE

Según explicaron desde Sogama, o obxectivo deste programa de compostaxe doméstica é a de facilitar a reciclaxe da materia orgánica en orixe e evitar o seu depósito nos contedores verdes convencionais. Esta acción faría posible que os concellos diminúan a frecuencia de recollida, aforren en custos de transporte e, por suposto, paguen menos a Sogama, xa que o importe da factura emitida por esta empresa pública varía en función das toneladas de lixo convencional entregadas nas súas instalacións.

RECUPERACIÓN DUNHA ACTIVIDADE TRADICIONAL NAS CASAS DO RURAL, APORTANDO MEDIOS E FORMACIÓN

Dende Sogama, indicaron que esta iniciativa está a ter unha resposta “moi favorable” dende a poboación, xa que non lles supón un esforzo adicional dado que dende sempre se separaron os desperdicios orgánicos xerados nas vivendas do rural para aproveitalos como alimento do gando ou para a fabricación de compost. Neste último caso, o proceso modernízase agora ao dispoñer nas casas dun recipiente apropiado no que se leva a cabo, dunha forma hixiénica, a fermentación do material baixo condicións controladas de temperatura e humidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Cabalgata de Reis de Bóveda, unha tradición con historia

Seguinte Nova

Entrega dos vales de compra do sorteo da ACES en Sarria

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

O prezo do leite

• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de

A %d blogueros les gusta esto: