Susana López Abella repite á fronte da Secretaría Xeral da Igualdade

O Goberno galego segue a contar con Lugo no novo organigrama

A política chantadina xa ocupou este cargo durante a pasada lexislatura

Susana López Abella conversa co vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, trala toma de posesión como Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. GPXG.

O pasado 26 de decembro, a chantadina Susana López Abella tomou posesión do seu cargo como titular da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Durante este acto, López Abella destacou “a loita contra a violencia de xénero” como prioridade da súa labor na lexislatura que comeza.

DEPARTAMENTO VINCULADO Á VICEPRESIDENCIA DA XUNTA

A toma de posesión de Susana López Abella foi presidida por Alfonso Rueda, vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que valorou a importancia do traballo da Secretaría Xeral da Igualdade, e resaltou que “a igualdade entre homes e mulleres é un obxectivo no que está involucrada toda a Xunta”, polo que sinalou a conveniencia de integrar a secretaría na Vicepresidencia para reforzar o seu carácter transversal.

ÁREAS DE TRABALLO DESTE DEPARTAMENTO

Susana López Abella xa desempeñou o cargo de titular da Secretaría Xeral da Igualdade durante a pasada lexislatura, un departamento no que o fomento da conciliación e a corresponsabilidade entre homes e mulleres, a igualdade de oportunidades, e a loita contra a violencia de xénero son os principais piares da súa actividade.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Parador de Monforte seguirá funcionando nas mesmas condicións

Seguinte Nova

A Secretaría Xeral de Política Lingüística levou o espectáculo “O Señor das Dunas” á Pobra do Brollón e Taboada

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: