UGT-Lemos entregou as reivindicacións do convenio a FCC

Na reunión mantida estes días coa empresa FCC, os responsables de UGT-Lemos entregaron unha plataforma de reivindicacións que esixe unha subida salarial do IPC real, 2 anos de vixencia para o convenio 2013-14, 2 días máis de permiso para uso propio, incorporar un sábado máis de descanso ao mes, mellorar a posta en marcha da Lei de Prevención de Riscos Laborais, e que os traballadores temporais pasen a ser fixos. Asimesmo, esixiron tamén que o pago de atrasos correspondente a todo o 2012 se faga efectivo no prazo dun mes. A relación de propostas foi aceptada pola empresa, e a vindeira reunión sobre esta cuestión terá lugar o 31 de xaneiro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte vai poñendo cara de Entroido

Seguinte Nova

O Parador de Monforte seguirá funcionando nas mesmas condicións

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: