Os responsables do clube consideran «todo un éxito» a presencia desta deportista no trofeo de seleccións autonomicas
O pasado 26 de xaneiro disputouse na Coruña o IV Trofeo Teresa Herrera de karate feminino, onde competiron as seleccións autonómicas de Galicia, Castilla-León e Euskadi. A chantadina Alba Pérez, do Chantada Karate Club, foi seleccionada pola Federación Galega de Karate para participar nesta competición, dentro da categoría junior (17 anos) na modalidade de Kumite de máis de 59 quilos.
DEBUT DO CLUBE A NIVEL SELECCIÓNS
Según explica Iñaki Muñoz, instructor e presidente do Chantada Karate Club, «o feito de que Alba fora convocada pola selección galega é un éxito evidente para ela e para o clube, xa que premia e colma as aspiracións que todo deportista ten dende idades moi tempranas». A nivel puramente deportivo, Alba Pérez, que comezou a súa andaina no karate con tan só oito anos, solventou «con nota moi alta a súa primeira participación nunha competición de alto nivel», precisou Muñoz, que se manifestou «moi contento e satisfeito» coa actuación de Alba Pérez, «porque se empezan a ver «maneiras» deportivas», indicou. Esta é a primeira participación dun deportista do Chantada Karate Club, fundado en 2004, nunha competición deste nivel.