A danza oriental prende en Monforte

As sesións celébranse os sábados a partir das 12 horas no Ximnasio Neka

Participantes nas sesións de Danza Oriental no Ximnasio Neka, nunha actividade que ten cada vez máis seguidores. Foto cedida.

Exotismo e novidade son as primeiras referencias que suxire a Danza Oriental, disciplina que está a enganchar en Monforte a través das clases que o Ximnasio Neka está a desenvolver os sábados ás 12 horas.

GRAN TIRÓN DESTA ACTIVIDADE

«Esta actividade está a funcionar moi ben», sinala José Mª Vega, xerente deste complexo deportivo situado en Monforte, «e temos un grupo bastante grande que ten moito interés, e as clases son impartidas por dúas monitoras procedentes de Ourense».

BENEFICIOS DA DANZA ORIENTAL

A danza oriental, popularmente coñecida como «danza do ventre», aínda que abrangue diversas disciplinas e variantes, ofrece ás persoas que a practican non só un momento de lecer e expansión vinculado á música e ao baile, senón tamén a posibilidade de coñecer mellor o seu corpo, mellorar a súa linguaxe corporal e o seu benestar físico, a través da respiración e do control de cada un dos movementos. Dende o Ximnasio Neka, informaron de que todas as persoas interesadas en participar nas sesión de Danza Oriental poden informarse directamente no centro (Rúa San Pedro 73, en Monforte), ou chamando ao 982 40 50 57.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A chantadina Alba Pérez participou coa selección galega no IV Trofeo Teresa Herrera de karate

Seguinte Nova

Completado o novo mapa de emerxencias da provincia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: