O deputado autonómico socialista González Santín afirmou que os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados o 24 de xaneiro confirman “a asfixia de Lugo”, con case un milleiro de parados máis e un punto porcentual con respecto ao anterior trimestre, e con case 20.000 desempregados máis na provincia que a finais de 2011, “dentro da deriva xeral de Galicia”. Estes resultados son, para González Santín, “ a constatación do drama dos concellos e dos brutais recortes da Xunta”, que teñen “como claro exemplo” o “grave descenso” nos programas de promoción de emprego, que según o socialista conta con 401 millóns de euros menos de investimento con respecto a 2009, e incluso con respecto a 2012, “cunha rebaixa de 137 millóns, un 40,4 % menos, cando asistimos o maior volume de paro en Galicia”.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• O presidente da Xunta, Alfonso Rueda resalta que este ano vanse destinar preto de 60
Medio Rural da Deputación de Lugo reforza neste 2023 o seu apoio á plataforma de venda
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo en valor en Lugo
O Concello de Bóveda vén de iniciar as obras para a creación dunha nave para viveiro