A provincia disporá este ano de 50 bolsas de emprego máis no programa europeo Leonardo da Vinci

Esta iniciativa, impulsada pola Deputación de Lugo e cofinanciada ao 70% pola Unión Europea, permite a mozos e mozas recén titulados facer práticas laborais de tres meses en seis países europeos

O pasado 8 de xaneiro, os 70 beneficiarios do programa Leonardo da Vinci participaron en Lugo nunha sesión informativa para coñecer como se desenvolverá a programación das becas nos países de destino. O primeiro grupo de bolseiros partiu xa o día 24, e en días sucesivos sairán os restantes becarios. GPDL.

A oportunidade para que lucenses recén titulados en profesións de futuro poidan recibir formación e experiencia laboral en países europeos sen coste algún para eles seguirá sendo unha realidade este ano. A Deputación de Lugo anunciou este mes que en 2013 ofrecerá 50 becas máis dentro do programa Leonardo da Vinci, cofinanciado ao 70% pola Unión Europea, co obxectivo de abrir oportunidades laborais a mozos e mozas lucenses que acaban de rematar os seus estudos. Estas bolsas de emprego en Europa van dirixidas tanto a titulados universitarios como en Formación Profesional.

TITULADOS UNIVERSITARIOS E NA ESCOLA DE IMAXE E SON DE LUGO

O programa Leonardo da Vinci ofrece dous tipos de bolsas; por un lado, as becas “Lugojob” están dirixidas a mozos da provincia menores de 35 anos que conten cunha titulación universitaria acadada nos últimos catro anos e que se atopen en desemprego, preferentemente sen experiencia laboral previa. As titulacións deberán estar relacionadas co medio ambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo e ciencias da vida, e a duración das práticas en empresas de países europeos será de tres meses e medio. Por outra banda, as becas “Ticlugo”, xestionadas pola Fundacion TIC, están especificamente destinadas ós titulados da Escola de Imaxe e Son, sostida ó 100% pola Deputación. Os aspirantes a estas becas deberán ter terminado nos últimos tres anos os estudios de Produción de Radio, Audiovisuais e Espectáculos, ou de Realización de Audiovisuais e Espectáculos, en dito centro formativo. A convocatoria de becas dará prioridade a persoas en situación de desemprego e a aquelas que non poidan acceder a este tipo de prácticas laborais no estranxeiro por razóns económicas. A duración das práticas en Europa será de tres meses.

SAÍDA HACIA EUROPA DOS 70 BECARIOS DO PROGRAMA LEONARDO DA VINCI

O primeiro grupo de becarios do programa Leonardo da Vinci partiron nestes días cara os seus destinos en Europa. Así, o 24 de xaneiro marcharon 16 rapaces que se formarán en Florencia e Viena, e outros 23 saíron rumbo a Belfast e Praga. O día 25 partiron 10 mozos á cidade de Cork, e o sábado 26 marcharon outros 13 cara Lisboa e Módena. O último grupo saíra hacia Hamburgo o 14 de febreiro. Con anterioridade, os becarios participaron nunha sesión informativa que se celebrou en Lugo o 8 de xaneiro, para coñecer como será o desenvolvemento da programación das becas en cadanseu destino, e poder plantear calquer dúbida sobre os diversos aspectos da estancia formativa. Ese mesmo día, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo un encontro cos 70 becarios, onde lembrou que “mentres a Deputación incrementa ano a ano as becas para os máis novos co fin de abrirlles novas oportunidades laborais, os recortes educativos de Rajoy e Feijóo estanas desmantelando”ao endurecer os requisitos de acceso ás axudas, e aplicar recortes que chegan ó 60%, como nas becas Erasmus.

COMPROMISO PARA LOITAR CONTRA O PARO XUVENIL

O titular provincial destacou o “compromiso da Deputación de Lugo para loitar “contra o alarmante desemprego xuvenil”, ao ter impulsado 150 becas no programas Leonardo da Vinci, Lug02, formación de guías das Reservas da Biosfera, Innovación e Artesanía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Apoio provincial ao programa de estimulación cognitiva para enfermos de Alzheimer da comarca de Lemos promovido por AFAMON

Seguinte Nova

Todo listo en Pantón para a celebración do Entroido 2013

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: