A Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, co apoio de Sogama, presentaron o “Xogo da Reciclaxe”, que será distribuido entre todos os centros educativos de Primaria. Este xogo ten como obxectivo poñer a proba os coñecementos que os escolares galegos de entre 6 e 12 anos teñen sobre a xestión e tratamento dos residuos, ao tempo que se lles conciencia sobre a necesidade de poñer en práctica o principio dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar). Dada a súa dimensión lúdica, este formato permitirá que os pequenos interioricen as boas prácticas ambientais coas que permitir a posterior transformación dos refugallos en recursos de utilidade.Proclamarase gañador o equipo que chegue á meta tras superar un circuíto de probas nas que, nun período limitado de tempo, terá que demostrar os seus coñecementos, e as súas habilidades na mímica, o debuxo e a axilidade mental.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas
O Xeoparque Montañas do Courel lanzou un concurso para seleccionar o seu novo logo, adaptado ás
O Obradoiro Dual de Empleo Serra do Faro VIII está a facer unha importante contribución á
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,