A Xunta amosa a súa colaboración para levar adiante o PXOM de Sober

•Este compromiso trasladouse durante a reunión que o alcalde, Luis Fernández Guitián, mantivo en Santiago coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, reuniuse en Santiago coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas Díaz. Foto: Ana Varela.

O pasado 16 de xaneiro, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, reuniuse en Santiago coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas Díaz, quen lle trasladou a colaboración do seu departamento para que Sober poida acadar a aprobación definitiva ao seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

INFORME FAVORABLE

A representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinalou na xuntanza que esta aprobación está hoxe «máis preto», xa que os técnicos de Urbanismo acaban de informar, despois de analizar a documentación presentada en decembro de 2012, que a parte pendente de aprobación definitiva do plan xeral conta con informe favorable e que está recollido nos termos que marca a Lei do Solo. En febreiro de 2010 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio resolveu non aprobar a proposta chegada no documento respecto ao solo urbanizable proposto, así como ao solo rústico suxeito a algún tipo de protección, en especial ao solo rústico de espazos naturais en parte do espazo natural 1 (Cañón do Sil), según as normas complementarias e subsidiarias de planeamento da provincia de Lugo.

COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PXOM DE SOBER

A secretaria de Urbanismo reiteroulle a colaboración da sección de Urbanismo da Xunta para superar este paso fundamental no menor prazo e sumarse deste xeito ao grupo dos 65 concellos que na actualidade contan con plan de ordenación aprobado. Ademais da colaboración técnica, dende a Consellería de Medio Ambiente lembraron que a Xunta tamén apoia o desenvolvemento do proxecto urbanístico de Sober cunha axuda económica de máis de 80.000 euros.•

SOBER XA APROBOU OS ORZAMENTOS 2013

• O Concello de Sober aprobou os Orzamentos para 2013, que o rexedor local cualificou de «absolutamente realistas», xa que non inclúen axudas ou subvención supramunicipais que non estean «absolutamente seguras», nin tampouco ingresos-gastos de posible persoal que poida ser subvencionado ao 100%. Guitián destacou asimesmo que nestes Orzamentos “se fai un esforzo moi significativo” no gasto social e para as persoas.

GASTOS

En cantos ós gastos, prodúcese unha baixa significativa na partida destinada ao persoal, pasando de ser o 56,46% do Orzamento en 2012 ao 47,52% nos presupostos de 2013. Os gastos en persoal inclúen a axuda a domicilio, o Punto de Atención á Infancia, e a Escola Municipal de Música. Tamén se inclúen as axudas ao transporte universitario, a achega para a teleasistencia, e os gastos de mantemento e limpeza de espazos públicos como o colexio, o centro médico, o centro sociocultural ou o ximnasio municipal, entre outros.

MÁIS INVESTIMENTOS

En canto aos investimentos reais, consígnase un incremento dende o ano pasao, dende os 132.000 euros aos 179.000 euros. Fernández Guitián explicou que esta cantidade se destinará ás achegas municipais ás obras previstas a executar con cargo ao AGADER, que aporta o 85% delas. Estas actuacións, nas que o Concello achega o 15% máis o IVE, consisten na instalación de placas solares nos Chancís, as prazas de esparexemento en Arxemil, Sixtín do Mato e Cima de Vila-Brosmos, e o campo da festa e xardín en Viloudriz. Tamén figura como investimento a achega municipal ao POS, e o o mantemento de estradas locais. O alcalde de Sober anunciou tamén a posta en marcha dun plan xeral de rexeneración daqueles camiños que se atopan en peor estado.

INGRESOS

As transferencias do Estado e da Comunidade Autónoma mantéñense nos termos do ano pasado, que supoñen algo máis do 50% dos ingresos, e consígnanse 366.000 euros en impostos directos. Prevese un incremento das taxas e prezos por recollida de lixo, auga e alcantarillado.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PSdeG-PSOE pon en marcha a “oficina parlamentaria itinerante”polas comarcas de Lugo

Seguinte Nova

Axente forestal a disposición da veciñanza de Sober

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio