Adhesión de Quiroga ao Fondo Social de Vivendas para Deshauciados

O Concello de Quiroga anunciou a súa adhesión ao Convenio para o Fondo Social de Vivendas para afectados por deshaucios. En virtude deste convenio, as entidades locais vincúlanse como entidades colaboradoras, comprometéndose a asesorar a quen solicite información sobre o procedemento para solicitar unha vivienda dos fondos sociais; a emitir, no prazo de 15 días desde que reciban a solicitude, o informe sobre a valoración das circunstancias sociais das familias solicitantes da vivenda, aoobxecto de priorizar entre os demandantes; a olaborar coas entidades de crédito, cando así o acorden con éstas, nla evaluación das solicitudes; e a difundir no seu municipio e informar ós ciudadáns sobre o obxecto e contido deste convenio. Este convenio contempla a creación dun fondo social de 6.000 viviendas para aluguer, aportadas polas entidades financieiras e ás que poderán acceder personas desaloxadas da súa primeira vivenda a partir do 1 de xaneiro de 2008 e que, ademais, estean en situación especial de vulnerabilidade social.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga pon en marcha o calendario gastronómico

Seguinte Nova

A reciclaxe, a través dun xogo educativo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: