O obradoiro de Idoia Cuesta, Cestería Contemporánea, de Outeiro de Rei, participou en xaneiro na Feira Maison & Objet de París, unha das feiras profesionais máis importantes de Europa. A presencia deste obradoiro lucense foi posible grazas ao apoio que a Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, ven prestando aos artesáns galegos para a súa promoción comercial en mercados internacionais. Este apoio institucional realízase a través da introdución da marca Artesanía de Galicia como imaxe única dun sector de grande riqueza e heteroxeneidade, e axudando á presenza dos obradoiros nesta feira, poñendo á súa disposición un profesional para as tarefas comerciais que prestará tamén servizos de tradución.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Renfe iniciou a formación dalgúns dos profesionais que se integrarán no persoal do novo Centro de
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa
• Ademáis, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, sinalou que a Xunta
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o director xeral de Pesca, Acuicultura