A partir do 30 de xaneiro, o Concello de Sober pon a disposición da cidadanía un axente forestal que asesorará aos interesados en trámites relacionados coa protección de asentamento no medio rural, regularización de plantacións ou sobre a Lei de prevención de incendios, así como xestión de permisos de corta de leña, de queimas controladas ou denuncias por plantacións ilegais ou pola existencia de maleza lindeiro con edificios. O axente forestal atenderá as solicitudes nas oficinas do Concello todos os mércores, e os días de feira laborables, en horario de 11 a 13 horas. Según indicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, este servizo, “moi importante e demandando polos veciños”, evitará desprazamentos á Oficina Agraria Comarcal de Monforte.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante
• Entre eles, o Goberno galego destinou 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de
A celebración do 8M ten as súas raíces na loita das mulleres traballadoras do Téxtil de
• As luces das letras de Quiroga do parque da Constitución están estes días iluminadas en
Tamén programou actividades de contacontos no CEIP Rosalía de Castro, pois o Goberno local pretende así