Ciclo de conferencias no IES A Pinguela a cargo de profesores e investigadores da USC

Un momento da conferencia impartida polo profesor García Trabazo no IES A Pinguela. Foto cedida.

O monfortino IES A Pinguela está a comezar o segundo trimestre do curso cun interesante programa de conferencias a cargo de diversos profesores investigadores da Universidade de Santiago de Compostela. Esta iniciativa do centro de ensino monfortino conta coa colaboración do programa A Ponte Ensino Secundario-Universidade de Santiago, para ilustrar ao alumnado sobre diversos eidos do saber da man de especialistas en cada materia.

O doutor José Miñones Trillo, catedrático de Física-Química ad honorem pola Facultade de Farmacia da USC, nun momento da conferencia que impartiu en xaneiro ao alumnado do IES A Pinguela. Foto cedida.

CIENCIA, LINGÜÍSTICA E PUBLICIDADE

Así, trala apertura do ciclo de conferencias coa intervención titulada “Física nuclear. Do corazón da materia ao interior das estrelas”, a cargo do profesor Héctor Álvarez Pol o pasado día 16, o venres 18 de xaneiro o profesor Virgilio García Trabazo falou ao alumnado de A Pinguela sobre “Lingüística indoeuropea: reconstruíndo a prehistoria das nosas linguas”, para continuar coa intervención, o día 22, do doutor José Miñones Trillo, cátedrático de Físico-química ad honorem da Facultade de Farmacia, exdecano da mesma facultade e expresidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia, que falou sobre “A importancia da auga na orixe da vida”. A programación de xaneiro culminou coas conferencias “Heroísmo e heroes na Ilíada”, a cargo do profesor Ángel Ruiz Pérez, e “Persuasión publicitaria”, impartida por Marisa del Río Araújo.

TEMAS DE ACTUALIDADE

O ciclo de conferencias organizadas polo IES A Pinguela continuará ao longo do mes de febreiro, en torno a temas como as matemáticas na vida cotiá, o emprendemento empresarial e a responsabilidade no consumo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A reciclaxe, a través dun xogo educativo

Seguinte Nova

Máis de 30 millóns de euros para fortalecer a riqueza forestal de Galicia

Últimas noticias sobre CULTURA

 TRADIGALU 2023

Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de

MORGAN

Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón

ESPECIAL ENTROIDO 2023

Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA

A %d blogueros les gusta esto: