Aposta da Xunta pola mellora da comercialización dos produtos do sector primario
O pasado 23 de xaneiro, o polígono industrial de Bóveda recibiu a visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen acudiu ao municipio do sur de Lugo para coñecer de primeira man a labor de dúas importantes empresas da provincia adicadas á comercialización de produtos agrogandeiros.
FEIJÓO: “IMOS SEGUIR TRABALLANDO PARA CONVERTER AOS PRODUTORES EN EMPRENDEDORES”
As instalacións de Pazo de Lusío, firma adicada á produción e comercialización de produtos derivados da apicultura, e a planta de Galcarnes, adicada á comercialización de produtos cárnicos, son dous dos exemplos das posibilidades que, según o titular autonómico, ten o noso sector agrogandeiro para convertirse “nunha oportunidade no camiño cara o crecemento”. Con esta intención, o Presidente da Xunta comprometeu o apoio do seu Goberno para mellorar a calidade, a comercialización e a internacionalización do sector primario. “Imos seguir apostando polo rural e polo sector primario, e imos seguir traballando para converter aos produtores en emprendedores, en empresarios, en xente que se agrupa e que une a súa capacidade de produción á súa capacidade de emprendemento”, manifestou o titular da Xunta. Núñez Feijóo lembrou na súa visita a Bóveda que a calidade, a comercialización e a internacionalización xa foron tres das apostas de crecemento que o seu Goberno desenvolveu na pasada lexislatura, e precisou que “a Xunta vai seguir apostando por estas liñas de traballo” na lexislatura en curso.
A XUNTA APOIARÁ AOS PRODUTORES QUE APOSTEN POLA CALIDADE
O titular da Xunta incidiu na importancia de que os produtos aposten polas marcas de calidade e polas denominacións de orixe para poñer en valor no mercado os seus produtos. Así, Núñez Feijóo lembrou que “non basta con ter un bo produto, senón que para poder competir hai que esforzarse por que ese produto sexa excelente.” Feijóo manifestou que nesta aposta pola calidade, a Xunta sempre apoiará a aqueles produtores que aposten pola calidade dos seus produtos; “sempre estaremos con eles, coas súas empresas e a súas iniciativas, porque a calidade é o maior investimento de futuro que pode facer o sector primario”.
“A MARCA É A QUE NOS UNE E A QUE NOS FAI MÁIS FORTES”
Neste sentido, o Presidente da Xunta animou aos produtores a buscar sempre a marca e apoiarse nas denominacións de orixe. “A marca é o que diferenza un produto, e por iso as denominacións seguen sendo, hoxe, unha das apostas do Goberno galego”. Neste sentido, Núñez Feijóo puxo como exemplo á indicación xeográfica protexida ‘Mel de Galicia’ como “unha denominación de orixe que acredita a marca e a calidade do mel galego”. O titular autonómico insistiu en que “a marca é a que nos une e a que nos fai máis fortes”.
MÁIS DE 15 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS PARA A COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS GALEGOS EN 2013
En canto á comercialización, o presidente da Xunta manifestou que reforzar o sector primario tamén significa seguir facendo esforzos por vender mellor os nosos produtos. Núñez Feijóo suliñou que con este obxectivo, os orzamentos para 2013 inclúen, “a pesar das dificultades”, unha partida de máis de 15 millóns de euros para axudar á comercialización dos produtos galegos. “Levamos nos presupostos incrementos do 70% e 80% das partidas relativas á comercialización dos produtos do sector primario, e imos seguir apoiando a todos os que queiran comercializar e situar os seus produtos nos lugares da demanda”, asegurou o Presidente da Xunta.
INCREMENTO DUN 10% DOS ORZAMENTOS DA XUNTA ADICADOS A PROMOVER A VENTA FÓRA DE GALICIA E DE ESPAÑA DOS NOSOS PRODUTOS
No aspecto da internacionalización, Feijóo salientou a aposta “decidida” do Executivo galego por ampliar horizontes e abrir Galicia a novos mercados, “pola internacionalización dos nosos produtos e por ser capaces de vender fóra de Galicia e de España”. Con este obxectivo, o titular autonómico destacou o incremento dun 10% dos orzamentos dedicados a este fin.
COMPROMISO POR CONFIGURAR UNHA “GALICIA UNIDA CON CAPACIDADE DE PRODUCIÓN E EXPORTACIÓN”
Finalmente, o presidente da Xunta reiteirou a “aposta polo rural” e garantiu o compromiso por configurar “unha Galicia unida, que ten capacidade de produción, de comercialización e de exportación”. “Galicia non pode estar dividida entre a Galicia da costa e a Galicia do interior; entre a Galicia urbana e a rural”, precisou o mandatario autonómico, xa que “Galicia é única”.
NOVAS TECNOLOXÍAS, INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS SOCIAIS COMO “APOSTA POLO MEDIO RURAL”
Alberto Núñez Feijóo lembrou que o compromiso do seu Goberno co medio rural estase a concretar en diversas accións. Así, o mandatario autonómico fixo referencia á extensión das novas tecnoloxías no sur de Lugo, xa que “empezamos pola Ribeira Sacra para estender internet a toda Galicia, co obxectivo de que este ano 2013 o 100% da poboación galega teña conexión”. Feijóo aludiu ao investimento en infraestruturas no sur lucense como “aposta polo medio rural”, e apuntou a que, “a pesar da crise, o corredor que une as terras de Lemos con Sarria e con Monforte ten que executarse e finalizarse nesta lexislatura”. O mandatario autonómico destacou que nos Presupostos Xerais do Estado, Galicia é a segunda comunidade con maior investimento por habitante de España, e concluiu afirmando que “apostar polo rural é apostar polos servizos sociais, polas escolas infantís e polas residencias da terceira idade”.