O PSdeG-PSOE pon en marcha a “oficina parlamentaria itinerante”polas comarcas de Lugo

O deputado autonómico Vicente Docasar recepcionará as queixas e propostas de concelleiros e cidadáns do sur de Lugo que se queiran plantear ao Parlamento. Arquivo EC.

O PSdeG-PSOE de Lugo puxo en marcha neste mes de xaneiro a oficina parlamentaria itinerante, de modo que os representantes no Senado e no Congreso, como o senador Ricardo Varela e o deputado José Blanco desprazaranse cada semana a unha comarca da provincia co fin de estar “a disposición dos cidadáns dos distintos territorios, para atender as cuestións relacionadas coa administración e o Goberno de España que queiran transmitirlles”.

ATENCIÓN “MÁIS EFICAZ DAS DEMANDAS DOS VECIÑOS DE CADA ZONA” DA PROVINCIA DE LUGO

Según informaron dende esta formación política, a oficina parlamentaria itinerante do PSdeG-PSOE nace no marco das novas iniciativas que está a levar a cabo o Partido Socialista en todo o Estado. Ademais, a Executiva Provincial de Lugo, presidida polo secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, decidiu na xuntanza celebrada a mediados de xaneiro levar a cabo reunións de coordinación entre os deputados autonómicos e provinciais de cada comarca, coa fin de “atender dun xeito máis eficaz as demandas dos veciños en cada zona”. A iniciativa da oficina parlamentaria itinerante do PSdeG-PSOE ten como obxectivo facilitar o acceso dos cidadáns da provincia aos representantes no Congreso e o Senado, a fin de acercar o máis posible as institucións aos veciños. Asimesmo, esta iniciativa pretende coñecer máis de preto as denuncias, queixas ou demandas que os lucenses poidan ter respecto ao funcionamento do Goberno, e trasladar “cando sexa posible, a través de iniciativas parlamentarias, as inquietudes dos cidadáns”. Os parlamentarios atenderán os cidadáns nas oficinas do partido, en data e hora que serán comunicadas a través dos medios de comunicación e a páxina web do PSdeG-PSOE (www.psdeg-psoe.com).

REUNIÓNS COMARCAIS, INICIATIVA DE BESTEIRO A PROPOSTA DOS MILITANTES

Según a formación socialista de Lugo, as reunións comarcais dos deputados autonómicos Carlos González Santín, Concepción Burgo, Vicente Docasar e José Ramón Val, en cadanseus territorios, xunto cos deputados provinciais, son unha proposta de Besteiro para cumprir coas demandas dos militantes no encontro “Partido Aberto, Goberno Aberto”, e que se suma aos grupos de traballo da militancia xa en marcha desde as agrupacións locais para trasladar ideas e propostas dos socialistas lucenses ao debate autonómico.

CRÍTICAS Á CONCESIÓN DE OBRADOIROS DE EMPREGO DA XUNTA

En canto á promoción do emprego, o PSdeG de Lugo anunciou que presentará enmendas nos concellos e impulsará iniciativas no Parlamento co obxectivo de que a Xunta modifique os actuais criterios para que os concellos poidan acceder aos obradoiros de emprego. Coas actuais normas do goberno autonómico, o 87% dos municipios de Lugo non superan o sesgo inicial, que esixe contar con 500 parados rexistrados como demandantes de emprego, algo que só sucede en 9 dos 67 concellos de Lugo, o que “supón unha verdadeira traba á hora de solicitar esta axuda”, como explica o deputado autonómico Carlos González Santín. Ademais, os socialistas instan a eliminar o criterio que exclúe a entrada a estes obradoiros dos menores de 25 anos, porque “nunha provincia como Lugo, onde o despoboamento e o envellecemento son o principal problema, non se pode ignorar a demanda de emprego dos mozos”. O PSdeG propón que a actual norma do número de parados sexa substituída por un “criterio proporcional en relación coa poboación”, de xeito que os municipios con máis dun 5% de desempregados poidan optar a un obradoiro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Todo listo en Monforte para o “Estase Cocendo”

Seguinte Nova

A Xunta amosa a súa colaboración para levar adiante o PXOM de Sober

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: