Convocatoria organizada polo Concello de Lalín
María Luz Otero, do restaurante Descalzo de Taboada, recibirá o recoñecemento na provincia de Lugo ao “Labor de Toda unha Vida dedicada á Gastronomía Galega” que a XIX edición dos Premios de Gastronomía de Galicia outorga ás persoas cunha dedicación profesional destacada na cociña, en cada unha das provincias galegas.
MEMBROS DO XURADO
O xurado dos Premios de Gastronomía de Galicia, presidido polo subdirector do Centro Superior de Hostelería de Galicia, Luis Rial Sierra, e polo alcalde de Lalín, José Crespo como vicepresidente, estivo integrado polo presidente da Asociación Gastronómica Amigos da Cociña Galega, José González Solla; o presidente do Club Gastronómico Rías Altas, José Martínez Vidal; pola Asociación Gastronómica Xantares, Alfredo Castrelo Vázquez; polo restaurador local e membro de Eurotoques, Lareira e Xantares, José Luis Iglesias Cabanas; por José Antonio Rivera Casal, delegado en Galicia de Eurotoques, e polo concelleiro delegado de Turismo de Lalín, José Antonio Rodríguez.
PREMIOS DE GASTRONOMÍA NAS DEMAIS CATEGORÍAS
O restaurante Abastos 2.0 de Santiago de Compostela alzouse co Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da cociña galega en Galicia, e o Restaurante Lúa, de Madrid, obtivo o Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da cociña galega fóra da nosa terra. O Grupo Nove, conformado por cociñeiros de vangarda, resultou gañador do Premio á entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos. Pola súa banda, A Rosaleira, www.yosoydegrelos.com, pertencente ao Grupo Terras Gauda, acadou o Premio á empresa que máis axudou á cociña galega pola difusión de técnicas innovadoras de cociñado a partir de ingredientes naturais.