O restaurante Descalzo, de Taboada, premio de Gastronomía de Galicia “ao Labor de toda unha Vida”

Convocatoria organizada polo Concello de Lalín

Reunión do xurado dos Premios de Gastronomía de Galicia, no que participan representantes do Concello de Lalín, organizador destes Premios; da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, e das Asociacións Gastronómicas de Galicia. Foto cedida.

María Luz Otero, do restaurante Descalzo de Taboada, recibirá o recoñecemento na provincia de Lugo ao “Labor de Toda unha Vida dedicada á Gastronomía Galega” que a XIX edición dos Premios de Gastronomía de Galicia outorga ás persoas cunha dedicación profesional destacada na cociña, en cada unha das provincias galegas.

MEMBROS DO XURADO

O xurado dos Premios de Gastronomía de Galicia, presidido polo subdirector do Centro Superior de Hostelería de Galicia, Luis Rial Sierra, e polo alcalde de Lalín, José Crespo como vicepresidente, estivo integrado polo presidente da Asociación Gastronómica Amigos da Cociña Galega, José González Solla; o presidente do Club Gastronómico Rías Altas, José Martínez Vidal; pola Asociación Gastronómica Xantares, Alfredo Castrelo Vázquez; polo restaurador local e membro de Eurotoques, Lareira e Xantares, José Luis Iglesias Cabanas; por José Antonio Rivera Casal, delegado en Galicia de Eurotoques, e polo concelleiro delegado de Turismo de Lalín, José Antonio Rodríguez.

PREMIOS DE GASTRONOMÍA NAS DEMAIS CATEGORÍAS

O restaurante Abastos 2.0 de Santiago de Compostela alzouse co Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da cociña galega en Galicia, e o Restaurante Lúa, de Madrid, obtivo o Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da cociña galega fóra da nosa terra. O Grupo Nove, conformado por cociñeiros de vangarda, resultou gañador do Premio á entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos. Pola súa banda, A Rosaleira, www.yosoydegrelos.com, pertencente ao Grupo Terras Gauda, acadou o Premio á empresa que máis axudou á cociña galega pola difusión de técnicas innovadoras de cociñado a partir de ingredientes naturais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra dá pulo á promoción turística a través das redes sociais

Seguinte Nova

Todo listo en Monforte para o “Estase Cocendo”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: