• O Centro Sociocultural acolle a exposición “Cartas de amor”, unha colección de cartaces elaborados por ilustradores gráficos de recoñecido prestixio, e dirixida ao público adolescente • A exposición está promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias
O Edificio Sociocultural de Pantón está a acoller a mostra “Cartas de amor”, unha colección de cartaces elaborados por ilustradores gráficos galegos actuais, e que ten como obxectivo sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala, e erradicar formas de relación asimétricas e violentas.
ILUSTRADORES DE PRESTIXIO
A mostra recolle traballos dos Premios Nacionais de Ilustración Miguel Calatayud, e de comic, Paco Roca, así como David Pintor, Patricia Castelao, e ilustradores con recoñecemento entre o público xuvenil, como Eva Vázquez, Primitivo, ou Sergi San Julián. Esta iniciativa, promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade e a FEGAMP no seo da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, está a percorrer un total de 20 concellos das catro provincias galegas.