Plan Estratéxico de Subvencións provincial: máis apoio aos concellos en servizos e fomento do emprego

• O Plan destina preto de 8,5 millóns de euros en axudas para servizos públicos, e máis de 2 millóns para fomento do emprego en sectores estratéxicos como o agrogandeiro, comercio, turismo ou artesanía

O presidente da Deputación, Gómez Besteiro; o vicepresidente primeiro, Antonio Veiga; e a vicepresidenta segunda, Lara Méndez, na votación do Plan de Subvencións no Pleno provincial. GPDL.

10,5 millóns de euros integran a partida orzamentaria do Plan Estratéxico de Subvencións, que ven de aprobar o Pleno da Deputación de Lugo co obxectivo, según explicou a deputada de Economía, Facenda e Recadación, Pilar García Porto, “de centrarse na súa totalidade na cooperación cos Concellos, acorde co Orzamento da Deputación para 2013”. Estas subvencións están orientadas, por un lado, hacia o fomento do benestar social a través dos servizos que os Concellos ofrecen nesta área, fundamental dado o alto envellecemento da nosa provincia. Por outro lado, as subvencións contempladas neste Plan pretenden activar os sectores económicos punteiros en Lugo para xerar emprego e combatir o despoboamento demográfico.

DOTACIÓNS RURAIS, FOMENTO DO DEPORTE, BENESTAR SOCIAL E IMPULSO Á CULTURA

En canto ao apoio ao benestar social, o Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación de Lugo destina preto de 8,5 millóns de euros en axudas vinculadas a infraestruturas rural, actividades deportivas, servizos sociais e cultura. Así, o Plan reserva 2 millóns de euros para melloras en dotacións públicas no rural, dirixidas a asociacións ou colectivos veciñais sen ánimo de lucro. En canto ao fomento de actividades deportivas, o Plan establece unha partida de 2,7 millóns de euros en axudas para concellos, fundacións, asociacións e entidades en concepto de gastos correntes ou de melloras nas instalacións. Esta partida inclúe as colaboracións directas co Club Deportivo Lugo, C.B Breogán, Club EMEVE, Fundación Azkar, C.D. Burela, Club Baloncesto Chantada, Racing Club Vilalbés, Peluquería Mixta Friol ou Asociación Deportiva A Pinguela-Monforte. Asimesmo, esta partida tamén abrangue axudas a deportistas individuais, en concepto de bolsas formativas. No eido puramente social, o Plan de Subvencións provincial adica 1,8 millóns de euros para o desenvolvemento de programas que fomenten o benestar e os servizos sociais, así como un espazo de igualdade e de autonomía xuvenil. Estas axudas van dirixidas a concellos e entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro. As subvencións destinadas a organizar actuacións de carácter educativo e cultural, así como a mellorar as instalacións cultural e a conservar o patrimonio contan con 1,8 millóns de euros de partida orzamentaria. Neste apartado están incluídas as axudas aos Conservatorios de Vilalba, Monforte e Viveiro, ademais das colaboracións co Premio Otero Pedrayo, a Filarmónica de Lugo, a Festa do Oso de Salcedo en A Pobra do Brollón, ou a Festa das Fachas de Taboada.

A promoción do enoturismo (na foto, o Centro do Viño de Monforte) ou a conservación do patrimonio cultural, como o Oso de Salcedo en Brollón, son dous obxectivos do Plan de Subvencións provincial. Arquivo EC.

ACTIVACIÓN DO SECTOR AGROGANDEIRO, TURISMO, COMERCIO E ARTESANÍA

Outro dos obxectivos deste Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación de Lugo é a reactivación da economía, o cal pasa, según explicaron os responsables provinciais, por potenciar os nosos sectores estratéxicos e dar pulo á formación, á innovación e investigación, e ao medioambiente. Con este fin, o Plan destina 780.000 euros ao impulso da agricultura, gandeiría e pesca, a través de subvencións a concellos, entidades públicas e privadas, fundacións, asociacións e colectivos de ditos sectores. Esta partida inclúe, por exemplo, as colaboracións con ACRUGA para a recuperación da rubia galega, ou a organización de citas agrogandeiras como a subasta de novillas de raza frisona de Castro de Rei, a Festa da Cantería e Callos de Guitiriz, a Festa da Castaña do Courel, a Feira da Empanada de Chantada, ou a Festa de San Isidro en Paradela. Por outra banda, un total de 518.000 euros destínanse ás axudas para a potenciación do comercio, da artesanía e do medioambiente, que poderán solicitarse por concellos, entidades públicas ou privadas, asociacións ou bolseiros que faciliten a posta en marcha de proxectos nestas materias para xerar riqueza na zona. A consideración do turismo como dinamizador económico ten o seu espazo no Plan de Subvencións, ao destinar 400.000 euros en subvencións para concellos, entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro para a posta en marcha de actuación que promovan os recursos turísticos da nosa provincia. 300.000 euros integran a partida destinada no Plan de Subvencións provincial para a formación, innovación e investigación. Este apoio materializarase en axudas para o impulso de novas becas de emprego a mozos lucenses en paro, así como en axudas para Concellos, Universidades, entidades públicas e privadas, fundacións ou asociacións, que executen iniciativas sobre investigación científica, innovación e desenvolvemento tecnolóxico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta investirá máis de 11 millóns de euros en Monforte, dos que 4 irán ao Porto Seco

Seguinte Nova

A chantadina Alba Pérez participou coa selección galega no IV Trofeo Teresa Herrera de karate

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: