Premios do Concurso de Postais de Nadal da Biblioteca Municipal de Quiroga

A concellería de Educación de Quiroga fixo entrega dos galardóns aos participantes gañadores do último Concurso de Postais de Nadal, nun acto no que estiveron presentes o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e a concelleira de Educación, Ana Núñez. Os premios do concurso na categoría A, para nenos e nenas de 3 a 4 anos, corresponderon a Rodrigo González González (1º premio), Germán Álvarez Fuentes (2º premio), e Víctor Rodríguez Ramos (3º premio). Os premios dentro da categoría B, que agrupa a nenos e nenas de 5 a 6 anos,a gañadora foi Natalia Álvarez Díaz. Por último, na categoría C, que abrangue os traballos presentados por rapaces e rapazas de 7 a 9 anos, os premios corresponderon a Brais Fernández González (1º premio), Lucía Álvarez Domínguez (2º premio), e Icía Marcos García (3º premio).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Feijóo apoia en Bóveda os produtos agrogandeiros “como oportunidade no camiño cara o crecemento”

Seguinte Nova

Quiroga invita a festexar o Entroido no seu Desfile de Comparsas

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio