Quiroga pon en marcha o calendario gastronómico

• Xa están inscritos os participantes na XXIII Mostra do Aceite, que se celebrará o 24 de febreiro, e da XXXI Feira do Viño de Quiroga, que terá lugar do 30 ao 31 de marzo • Previa á celebración da Mostra do Aceite, organízase unha xornada técnica o 16 de febreiro sobre o cultivo do aceite de Quiroga e a súa presenza na gastronomía

A Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga, dúas citas inesquecibles no calendario festivo e gastronómico do sur de Lugo. Arquivo EC.

En Quiroga xa están a preparar os dous grandes eventos gastronómicos deste municipio. Así, a Comisión Organizadora da Mostra do Aceite de Quiroga, que este ano celebra a súa decimoterceira edición, convocou aos colleiteiros interesados en tomar parte nesta feira. Os cinco colleiteiros que finalmente estarán presentes na Mostra xustificaron unha colleita mínima de 200 litros de aceite, e presentaron as requeridas mostras do produto para sometelas ao análise e control establecidos pola Comisión Organizadora da Mostra.

OBXECTIVO: MELLORAR CADA EDICIÓN DA MOSTRA DO ACEITE

Según información dende o Concello, na primeira reunión celebrada pola Comisión Organizadora, realizouse unha análise e avaliación da pasada edición, co obxectivo de acadar unha mellora na posta en marcha da Mostra e manterse na liña de superación que este evento se propón cada ano. Asimesmo, anunciaron que con carácter previo á celebración da XIII Mostra do Aceite, o sábado día 16 de febreiro desenvolveranse unhas xornadas técnicas sobre o cultivo do aceite de Quiroga e a súa presenza na gastronomía, a cargo de profesionais de recoñecido prestixio nestas especialidades.

XXXI FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Pola súa parte, os 12 colleiteiros que poderán participar na vindeira edición da Feira do Viño de Quiroga xa entregaron a súa inscripción diante da organización. Para participar na súa trixesimoprimeira edición, os colleiteiros deberon xustificar un mínimo de 200 botellas de viño branco e 250 botellas de tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga invita a festexar o Entroido no seu Desfile de Comparsas

Seguinte Nova

Adhesión de Quiroga ao Fondo Social de Vivendas para Deshauciados

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: