Todo listo en Monforte para o “Estase Cocendo”

A tradicional cita de febreiro, apadriñada polo actor da TVG Roberto Vilar, completarase con mercados sobre o cocido na Praza de Abastos

Por quinto ano consecutivo, a Delegación Sur da Asociación Provincial de Hostelería de Lugo (APEHL) organiza durante o mes de febreiro o “Estase Cocendo”, un evento gastronómico que trata de aproveitar o protagonismo do cocido en cada un dos rincóns lúdico-gastronómicos da vila do Cabe.

SABORES E LECER EN TORNO AO COCIDO

“Con gran esforzo por parte da Delegación Sur da APEHL”, según recoñeceu a súa responsable, Beatriz Vila, a aposta deste colectivo pola dinamización local a través da gastronomía fará posible que restaurantes, cafeterías, bares, hoteles, pensións, casas rurais e pubs que queiran adherirse a esta iniciativa acheguen o mellor sabor e o mellor espíritu lúdico do Entroido a veciños e visitantes. Según é tradición no “Estase Cocendo”, os restaurantes adheridos darán menús de cocido, e os bares e cafeterías tapas deste prato. Pola súa banda, os aloxamentos que se adhiran a este programa ofrecerán prezos especiais durante todo o mes, e os pubs ofertarán unha serie de festas nas súas instalacións.

MERCADO GASTRONÓMICO SOBRE COCIDO NA PRAZA DE ABASTOS

Como novidade, a Delegación Sur da APEHL organiza mercados gastronómicos en torno ao cocido na Praza de Abastos de Monforte, acompañados dalgunha degustación desta especialidade. Asimesmo, esta edición estará apadriñada polo actor e presentador da TVG Roberto Vilar, a quen se lle concederá o título de Compadre Estase Cocendo 2013.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O restaurante Descalzo, de Taboada, premio de Gastronomía de Galicia “ao Labor de toda unha Vida”

Seguinte Nova

O PSdeG-PSOE pon en marcha a “oficina parlamentaria itinerante”polas comarcas de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio