Todo listo en Pantón para a celebración do Entroido 2013

O Concello de Pantón organiza a celebración do Desfile e Concurso de Disfraces que terá lugar o domingo 10 de febreiro. O itinerario festivo arrincará ás 17 horas das inmediacións do Colexio Público Monte Baliño, percorrerá as rúas da vila ata chegar á Praza do Concello, onde terá lugar a entrega dos premios.

CÓMO PARTICIPAR NO CONCURSO

Según informaron dende o Concello de Pantón, o Concurso de Disfraces está aberto a participantes procedentes de Pantón e de fóra do municipio. Os interesados en tomar parte no Concurso poderán inscribirse nas oficinas municipais situadas no 2º piso do Edificio Sociocultural antes do 8 de febreiro, en horario de 10 a 20 horas de luns a venres, e de 10 a 13 horas os sábados. Os participantes deberán presentarse o día do Desfile ás 16 horas na rúa que está enriba do Colexio Público Monte Baliño de Ferreira.

PREMIOS E CHOCOLATADA-BAILE AO REMATE

No concurso de Comparsas de adultos haberá tres premios en cada unha das tres categorías. Así, para grupos de 10 ou máis compoñentes, os premios serán de 350, 200 e 150 euros. Para os grupos entre 5 e 9 compoñentes, os premios serán de 150, 125 e 100 euros. Para os grupos entre 1 e 4 compoñentes, os premios serán de 60, 40 e 20 euros. Na modalidade de Comparsas infantís, a categoría de grupos de 10 ou máis compoñentes terá un único premio de 150 euros, e para grupos de entre 5 e 9 compoñentes o premio será de 100 euros. Para grupos de 1 a 4 compoñentes haberá tres premios de 60, 40 e 20 euros. Os nenos menores de 12 anos recibirán os premios en forma de cheques-regalo para material, nunca cartos, según informa a organización. Todas as comparsas de máis de 10 compoñentes teñen asegurado un premio mínimo de 60 euros, non acumulable ó premio. Haberá unha axuda adicional de 50 euros para todos os grupos que inclúan na súa comparsa unha carroza. Asimesmo, todos os nenos e nenas participantes recibirán un agasallo, e a festa rematará coa tradicional chocolatada-baile.

Asimesmo, o 9 de febreiro, a Comisión de Festas de Ferreira organiza a Cea Entroido 2013, ás 22 horas no CEIP Monte Baliño. As tarxetas están á venda nos bares de Ferreira, a 15 euros para adultos e a 5 euros para nenos. A cea rematará cun baile a cargo do DJEspasantes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A provincia disporá este ano de 50 bolsas de emprego máis no programa europeo Leonardo da Vinci

Seguinte Nova

Pantón aposta pola concienciación contra a violencia de xénero

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: