O prazo para inscribirse no programa provincial “Fórmate en Verde” comeza o 25 de febreiro
•O programa ofrece 300 prazas para cada modalidade: agricultura ecolóxica, gandeiría e xestión forestal • O plan “Fórmate en Verde” dura un ano e inclúe, de xeito gratuíto, formación, visitas práticas a empresas do sector, e asesoramento técnico especializado para poñer en marcha unha nova empresa ou reconvertir a propia • Monforte será o centro de formación en agricultura ecolóxica
O Pazo de Tor, en Monforte, será o centro das actividades de formación en agricultura ecolóxica que desenvolverá durante un ano a Deputación de Lugo a través do programa “Fórmate en Verde”. Así o explicou a vicepresidenta segunda do organismo provincial, Lara Méndez, nun encontro mantivo o pasado 14 de febreiro con máis dun centenar de representantes do sector agrícola. O sur de Lugo aglutinará as accións formativas nesta materia, xa que é a zona da provincia con máis superficie adicada a esta actividade, e o propio Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) ten a súa sede en Monforte.
MÁIS DE 900 PRAZAS EN TODA A PROVINCIA
Según explicou Méndez, o programa “Fórmate en Verde” ofrece unha oportunidade de formación para o emprego naquelas áreas punteiras do sector primario da nosa provincia, como son a agricultura ecolóxica, a gandeiría e o eido forestal. As actividades de cada unha destas áreas estarán centradas na zona con máis actividade sectorial; Monforte concentrará a formación en agricultura ecolóxica, mentres que a Granxa Gayoso-Castro será o punto de desenvolvemento da formación en gandeiría ecolóxica, e a Mariña lucense, zona que abrangue o 30% das empresas da madeira, desenvolverá a formación en xestión forestal sostible. O programa “Fórmate en Verde” formará a máis de 900 lucenses, e de xeito totalmente gratuíto, para que creen ou reconvertan empresas vinculadas a estas tres áreas de actividade. Este plan de emprego e formación desenvolverase a partir do mes de marzo e cunha duración de 1 ano, estructurado en tres fases. En primeiro lugar, desenvolverase as accións formativas, entre marzo e outubro, que poderán realizarse de xeito presencial, a distancia ou mixta. Logo de rematar esta fase, o programa “Fórmate en Verde” inclúe visitas práticas a empresas xa consolidadas dos sectores agropecuario e forestal. Posteriormente, todos os participantes recibirán, tamén de xeito gratuíto, asesoramento técnico especializado para crear empresas no rural vinculadas ao eido forestal, agrícola ou gandeiro. Tanto os emprendedores que aposten por crear unha nova empresa, como aquelas persoas que decidan reconverter a súa explotación ou diversificar o seu negocio, contarán con asesoramento especializado ao longo de todo o proceso, dende a configuración do proxecto de empresa ata a súa saída ao mercado. Neste sentido, a Deputación de Lugo pon a disposición destes participantes unha canle de comercio electrónico, a plataforma www.losproductosdelugo.com, que xa conta con 80 empresas e 400 produtos e servizos.
QUÉN PODE INSCRIBIRSE NO PROGRAMA “FÓRMATE EN VERDE”
Este plan de emprego da Deputación de Lugo, que conta cun orzamento de 1 millón de euros, financiado ó 80% con fondos da Unión Europea, vai dirixido a desempregados, emprendedores, mozos, agricultores, gandeiros e estudantes lucenses. Os interesados poden recabar máis información na web www.deputacionlugo.org, e poderán inscribirse a partir do 25 de febreiro. As prazas son limitadas e se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.