“Artesáns de honra da provincia de Lugo” para os oleiros de Gundivós Agapito González, Obdulia Rodríguez e Daniel Rodríguez, e para o oleiro de Samos Carlos Iglesias

Os artesáns lucenses recibiron esta distinción de mans do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, na inauguración da mostra “Pasado e presente da olería en Lugo”. O acto tamén recoñeceu a labor de continuidade dunha nova xeración de oleiros, que na actualidade “están traballando para recuperar e dignificar este oficio case desaparecido”, como no caso dos artesáns Elías González Prieto e Tomás López González, ambos de Gundivós. A mostra “Pasado e presente da olería en Lugo” estará aberta ao público ata o 3 de marzo na Capela de Santa María (Lugo), en horario de mañá e tarde de luns a venres, os sábado pola tarde e os domingos pola mañá.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lugo presume de gastronomía en Fitur

Seguinte Nova

Denuncian os custes de reparación dos saleiros contratados pola anterior xestión provincial

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: