Denuncian os custes de reparación dos saleiros contratados pola anterior xestión provincial

O equipo de goberno da Deputación avisa de que a reparación custará 200.000 euros

Os socialistas advirten do deterioro de diversos silos para depósito do sal que se emprega en inverno no acondicionamento da rede de estradas provincial

A neve e o xeo rexistrados nas últimas semanas puxeron de actualidade o sistema de mantemento da rede de estradas provincial, que abrangue algo máis de 4.000 quilómetros de viais. O sal empregado polos equipos de mantemento desta rede está almacenado nun total de doce silos, con capacidade para acoller 30 toneladas de sal por unidade. As condicións meteorolóxicas da nosa provincia e o paso do tempo, así como o propio peso da materia almacenada, producen un desgaste natural que, según denuncian dende o equipo de Goberno provincial, acelerouse nestas unidades “porque o anterior Goberno provincial do Partido Popular adquiriu silos sen control, sen a calidade suficiente e sen tan sequera garantía”.

O óxido e o consiguiente deterioro nas estruturas é un dos problemas que presentan os silos nos que se almacena o sal para o mantemento das estradas provinciais en inverno. Nas fotografías, o silo situado en A Moá (Ribas do Sil), que amosa problemas de corrosión nas estruturas verticais e horizontais de soporte da tolva. EC.

“DESPILFARRO DE 250.000 EUROS” DO ANTERIOR GOBERNO DO PP

O deputado de Xestión Territorial na Deputación, Manuel Martínez, denunciou que “o Partido Popular despilfarrou máis de 250.000 euros de todos os veciños, adquirindo uns saleiros que nin soportan as condicións climatolóxicas das terras lucenses, nin as toneladas de sal que deben almacenar durante a tempada invernal”. O deputado de Xestión Territorial trasladou as especificacións dos técnicos, segundo os cales os saleiros vinculados ao mantemento da rede de estradas provinciais se atopan “totalmente oxidados, porque non contan coa capa de protección necesaria para protexelos das temperaturas, choivas ou neves que se rexistran en Lugo”. O socialista Manuel Martínez apuntou asimesmo que as vigas que sustentan os depósitos de sal en altura para que os camións de mantemento poidan reabastecerse a través dunha tolva “tamén se atopan danadas, porque non soportan as trinta toneladas de sal que teñen de capacidade, facendo que as estruturas teñan fisuras”.

OS SILOS DE MONTAÑA, OS MÁIS DETERIORADOS E TAMÉN, OS MÁIS NECESARIOS POLO CLIMA DA ZONA

O deputado de Xestión Territorial na Deputación de Lugo anunciou esta situación tras visitar o remate dos traballos de reparación do silo situado na Fonsagrada, en plena montaña lucense. Este foi un dos silos que presentaba maiores deterioros ao atoparse baixo condicións meteorolóxicas moi adversas, as mesmas que esixen un uso máis continuado e eficiente desta instalación.

MÁIS DE 200.000 EUROS “PARA REPARAR AS CHAPUZAS DO PP”, SEGÚN OS SOCIALISTAS

Os traballos no saleiro de A Fonsagrada consistiron en selado de fisuras e substitución do ferro oxidado e intado, “as mínimas melloras para poder empregar este silo, cun gasto de 16.000 euros”, precisou o responsable provincial. Martínez adiantou que o ente provincial deberá afrontar máis gastos nas posteriores actuacións que valoren os técnicos “para que, co paso do tempo, isto non volva a suceder”. O deputado socialista estimou que estas actuacións deberán ser realizadas en cada un dos doce saleiros da provincia, polo que “as chapuzas do Partido Popular obrigarannos a desembolsar máis de 16.000 euros nos 12 saleiros da rede viaria provincial, superando os 200.000 euros de custes”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

“Artesáns de honra da provincia de Lugo” para os oleiros de Gundivós Agapito González, Obdulia Rodríguez e Daniel Rodríguez, e para o oleiro de Samos Carlos Iglesias

Seguinte Nova

En marcha o Estase Cocendo 2013

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio