José Mª Vega, do Gimnasio Neka, incorpórase ao corpo técnico da Selección galega de Taekwondo

Será un dos 3 técnicos permanentes da élite galega do Taekwondo

Asimesmo, o Gimnasio Neka participará cunha ducia de taekwondistas no Campionato promesas o día 23

Un momento da participación nunha proba recente en Boiro
dos taekwondistas do Gimnasio Neka, de Monforte. Foto cedida.

O Gimnasio Neka segue a colleitar recoñecementos ao seu traballo constante. A primeiros deste mes, José Mª Vega, entrenador de taekwondo e alma mater de Neka, recibía a chamada da Selección Galega para incorporarse de xeito permanente ao corpo técnico como adestrador. «É algo importante», comenta Vega, «eu xa tiña participado con eles, pero a partir de agora será de xeito permanente». Vega formará parte da tríada de adestradores da Selección galega de taekwondo, xunto cos vigueses Meilán e Penín. «Agora terei que viaxar máis, ata a sede de Pontevedra», precisa Vega. Un novo reto que de seguro acometerá con gran éxito.

CAMPIONATO PROMESAS

Con esta mesma filosofía de traballo afrontan en Neka o próximo Campionato promesas na modalidade de combate, que se celebrará en Cangas o día 23, onde o clube monfortino participará con preto dunha ducia de rapaces e rapazas nas categorías cadete, junior e absoluta. Esta cita supón «unha proba de toque», según explica Vega, para o Campionato Galego que terá lugar o 23 de marzo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo para participar na V Carreira Popular Concello de Monforte do domingo 3 de marzo

Seguinte Nova

O Club Natación Monforte trae á casa 10 medallas no Campionato Galego de Inverno

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio