Menos usuarios pero aumento proporcional na cantidade de residuos depositados
Tóners, baterías e voluminosos foron os residuos que en maior cantidade depositou o ano pasado a veciñanza de Monforte no Punto Limpo. Según os datos recollidos no informe anual da Concellería de Medio Ambiente e Servizos Municipais, un total de 2.142 usuarios acudiron en 2012 a esta instalación para depositar máis de 176 toneladas de residuos de diversa natureza.
23 TONELADAS MENOS DE MADEIRA DEPOSITADA
Este informe revela asimesmo unha diminución dun 26,3% no número de usuarios, e un 11,5% menos de residuos depositados con respecto a 2011. A lectura dos datos referentes ás modalidades de residuos evidencia unha caída significativa dos depósitos de madeira, cun total de 23 toneladas menos que en 2011. Este dato sirve aos responsables municipais para apreciar que, se ben descendeu o número de usuarios do Punto Limpo en 2012, incrementouse en proporción a cantidade de toneladas de diversos materiais depositadas nestas instalacións. En 2011 cada usuario depositou no Punto Limpo unha media de 0,068 toneladas de residuos, mentres que en 2012 esta media subiu ata as 0,082 toneladas.
43 TONELADAS MENOS DE TELEVISORES E MONITORES QUE EN 2011
O descenso máis acusado de residuos depositados correspondeu aos televisores e monitores, con case 43 toneladas menos contabilizadas no Punto Limpo en 2012. Asimesmo, os electrodomésticos tamén reduciron a súa presenza no Punto Limpo en unha tonelada, na mesma cantidade que os tubos fluorescentes e as bombillas. Pola súa parte, detectáronse case 5 toneladas menos de colchóns neste depósito.
ESPECTACULAR AUMENTO NO DEPÓSITO DE BATERÍAS, QUE SUBE UN 372%
EN 2012 O Punto Limpo de Monforte veu crecer a porcentaxe de voluminosos nun 23% respecto a 2011, mentres que as baterías experimentaron un crecemento espectacular, ata un 372% máis que o ano anterior.
UN 80% MÁIS DE TÓNERS NO PUNTO LIMPO
Aumentou tamén a recollida de tóners, acadando 29 quilogramos máis (o cómputo deste material realízase, excepcionalmente, en quilogramos e non en toneladas), o que supón un aumento do 80% respecto a 2011.
A CIDADANÍA, MÁIS CONCIENCIADA DA IMPORTANCIA DA RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Dende a Concellería de Medio Ambiente e Servizos Municipais do Concello de Monforte valoran positivamente os datos do balance anual de funcionamento do Punto Limpo, xa que “a crecente concienciación” da cidadanía sobre a importancia de depositar os residuos non convencionais en ditas instalacións contribúe a unha cidade máis limpa e sostible. As visitas ao Punto Limpo de Monforte aumentaron no segundo semestre de 2012, cunha media de 10 persoas ao día. O mes de agosto rexistrou a maior afluencia de usuarios, cunha media de 13 por xornada.
RECOLLIDA A DOMICILIO
Durante os meses de inverno, o Punto Limpo de Monforte, situado xunto ao Campo da Feira, ofrece un horario continuado de 9,30 a 17 horas. A cidadanía poderá depositar nesta instalación todos os residuos domésticos que non vaian aos contenedores amarelo, azul, verde e especiais para aceite, como electrodomésticos, restos de pequenas obras, baterías de vehículos, etc. O Concello de Monforte pon á disposición da veciñanza un servizo de recollida a domicilio a través do teléfono gratuíto 900 101 390.