A Xunta de Galicia ven de crear o couto de pesca Rego de Moreda, delimitado entre a ponte da estrada de Gondulfe a Pedrouzos e a parte da pista forestal que une Ider con Vilar. Este couto de Taboada ten unha lonxitude de 9 quilómetros e nel habitan troitas, polo que se conceden catro permisos diarios para todo o tramo, tendo en conta que cada pescador poderá capturar seis exemplares. A talla mínima de captura é de 19 centímetros. A orde que fai oficial este couto establece que queda vedado o quilómetro final, onde conflúen co couto dos ríos Muíño Vello e Anguieira e na Cabeceira do Moreda, dende o nacemento ata o límite superior do couto. A sociedade de pescadores Santo Tomé de Taboada presentou unha solicitude para a creación deste couto, que foi sometido a información pública e valorado no Comité Galego de Pesca celebrado en outubro de 2012.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca vén de anunciar en rolda de prensa o convenio
O concello de Pantón informa do remate das obras de abastecemento de auga, que iniciara no
A Xunta de Goberno Local de Sarria vén de aprobar nunha sesión extraordinaria e urxente a
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 7 ofertas de
• Esta intervención constitúe un auténtico fito nunha cidade que historicamente foi urbanisticamente por detrás dos