Novo couto de pesca en Taboada

A Xunta de Galicia ven de crear o couto de pesca Rego de Moreda, delimitado entre a ponte da estrada de Gondulfe a Pedrouzos e a parte da pista forestal que une Ider con Vilar. Este couto de Taboada ten unha lonxitude de 9 quilómetros e nel habitan troitas, polo que se conceden catro permisos diarios para todo o tramo, tendo en conta que cada pescador poderá capturar seis exemplares. A talla mínima de captura é de 19 centímetros. A orde que fai oficial este couto establece que queda vedado o quilómetro final, onde conflúen co couto dos ríos Muíño Vello e Anguieira e na Cabeceira do Moreda, dende o nacemento ata o límite superior do couto. A sociedade de pescadores Santo Tomé de Taboada presentou unha solicitude para a creación deste couto, que foi sometido a información pública e valorado no Comité Galego de Pesca celebrado en outubro de 2012.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 176 toneladas de residuos acabaron no Punto Limpo de Monforte en 2012

Seguinte Nova

Preto de 300.000 euros para mellorar as pistas da comarca de Chantada

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: