O branco, o color deste Entroido

O temporal de choiva e neve modificou o calendario festivo e a paisaxe do sur lucense

Paisaxe nevado no Oural (Sarria), o pasado 11 de febreiro. EC.
A neve caeu durante toda a noite do domingo ao luns de Entroido, dificultando as comunicacións (Oural, Sarria). EC.
A vila de Sarria amaneceu o luns de Entroido cuberta dun manto branco, logo dunha fin de semana pasada por auga e que alterou a axenda festiva destes días. (Vista dende o casco vello de Sarria). EC.
Ata o mediodía do luns, as rúas de Sarria ofreceron un aspecto inusual pola neve. (Plaza do Concello, Sarria). EC.

• A choiva e a neve protagonizaron os días de Entroido no sur de Lugo. Na noite do domingo ao luns, a cota de neve descendeu ata os 400 metros, o que ocasionou problemas na circulación en puntos de Quiroga, Chantada, O Incio e Oural. A vila de Sarria cubriuse dun manto branco que permaneceu ata ben entrado o mediodía do luns. A choiva dos días previos á nevada obrigou a suspender as actividades de Entroido en Pantón e Quiroga, e adiantar nun día as celebracións de Sarria.

•Coincidindo co protagonismo das incidencias meteorolóxicas, nestes días publicouse o balance da páxina web de Meteogalicia, que aumentou a súa influencia un 25% en 2012, cunha media diaria de 76.500 visitas e un total anual de 28.000.000. A este incremento súmanse as 25.000 descargas da aplicación MeteoSix Mobile, que permite personalizar as predicións dende os dispositivos móbiles para calquera lugar de Galicia. A web de Meteogalicia incorporou como novidades, entre outras, información sobre estado do ceo, vento e temperaturas en 315 concellos, e contaminación acústica nas principais cidades galegas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ribas do Sil cadra con éxito as contas cos servizos e co medioambiente

Seguinte Nova

O Entroido, tamén nos Mercados de Monforte

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: