O Camiño de Inverno terá carácter oficial en seis meses

Os socialistas retomaron nesta iniciativa o texto xa aprobado en 2009 para recoñecer esta ruta co gallo do Xacobeo 2010, e que finalmente non se levou a efecto

Un grupo de participantes no percorrido polo tramo monfortino do Camiño de Inverno en 2009. Arquivo EC.

O sur lucense está máis preto de contar cunha ruta oficial vinculada ao mundo xacobeo. O Camiño de Inverno a Santiago, a ruta alternativa á entrada dende Castela polos sendeiros nevados do Cebreiro, será oficial nun prazo máximo de seis meses. Este compromiso foi votado por unanimidade na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia, é o resultado da iniciativa que o Grupo Socialista na Cámara galega presentou como proposición non de lei, pola que instaba á Xunta a proceder “de inmediato” á sinalización e recoñecemento oficial do Camiño de Inverno.

“TOMADURA DE PELO” DA XUNTA AO NON CUMPRIR ESTE ACORDO XA EN 2009

Os voceiros socialistas lembraron que esta iniciativa xa fora aprobada en 2009 co fin de que este traxecto xacobeo fora recoñecido e posto en funcionamento para o Ano Santo 2010. Os socialistas confían en que nesta ocasión a Xunta cumpra o acordo aprobado na Cámara parlamentaria, “e non sexa unha nova tomadura de pelo”. Asimesmo, dende o Grupo Socialista no Parlamento insistiron en que, de ser incumprida de novo, “voltaremos a presentar esta mesma iniciativa no próximo periodo de sesións que comeza en setembro”. Dende o Grupo Socialista no Parlamento lembraron a importancia que esta ruta tería para o turismo das comarcas de Lemos e Quiroga, xa que “aumenta a oferta e incrementa o desenrolo previsto nos plans europeos”.

INICIATIVAS PROVINCIAIS

O recoñecemento do Camiño de Inverno está considerado como unha peza importante no desenvolvemento turístico do sur lucense. A oficialidade desta ruta debe ser recoñecida pola Xunta de Galicia, administración con competencias na materia, aínda que dende diversas institucións se está a traballar por darlle pulo ao Camiño de Inverno. Así, a Deputación de Lugo foi a primeira administración galega en poñer en marcha unha programación estable, e previa ó Xacobeo, como foi o “Km0 a Compostela”, que incluía o Camiño de Inverno. Este roteiro tamén foi defendido nunha moción do Pleno provincial en 2009, que instaba á Xunta a incluir este Camiño nas rutas de peregrinación de Galicia. Seguindo nesta liña de traballo, o ente provincial publicou as “Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo”, que recollía por vez primeira na mesma publicación todos os Camiños xacobeos que atravesan a nosa provincia (Norte, Primitivo, Francés e de Inverno, aínda que este non está recoñecido pola Xunta).

O PULSO DA RÚA

Ángel Arias (Monforte de Lemos):“Todo o que sexa atraer turismo e visitantes á nosa zona dá vida e dinamismo. A ver se esta medida axuda a que algunhas zonas que están bastante abandonadas, como o complexo de Augasmestas, se recuperen. Sería moi bo para todos”. EC.
Nélida Rodríguez (Monforte de Lemos): “Todo o que sexa atraer turismo e visitantes á nosa zona dá vida e dinamismo.Este recoñecemento daralle promoción ao Camiño de Inverno, aínda que nunca é suficiente. Está ben contar cunha promoción vinculada ao tema xacobeo, porque aquí vivimos maís ben do turismo, outra cousa non hai”.

1 Comment

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Agricultura ecolóxica: unha oportunidade de formación e colocación en alza

Seguinte Nova

Entroido pasado por auga no Sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: