O Concello de Monforte priorizará as solicitudes de vendedores locais na vindeira Feira Medieval

O Concello de Monforte de Lemos ven de publicar na súa páxina web as bases de participación na XI Feira Medieval, que se celebrará o sábado 30 de marzo. Nas bases especifícanse aspectos de carácter administrativo, relativos á documentación que deberán presentar os interesados, as datas de publicación de admitidos e as taxas que deberán abonar según o tamaño do stand, nos casos de postos de artesanía, e os importes en concepto de participación e de ocupación de dominio público nos casos de postos de gastronomía. As bases tamén especifican as características e decoración dos postos, así como horarios de apertura e o prezo. A organización da XI Feira Medieval de Monforte anunciou asimesmo que se priorizarán as solicitudes de vendedores da propia localidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 18 de febreiro sairán os gañadores da campaña San Valentín de ACES-Sarria

Seguinte Nova

Máis de 176 toneladas de residuos acabaron no Punto Limpo de Monforte en 2012

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: