O Entroido, tamén nos Mercados de Monforte

Na fin de semana do 16 e 17 de febreiro o Mercado adicarase ao chocolate

• SALGADO E DESPOIS DOCE. Esta é a proposta que os Mercados de Monforte están a ofrecer no mes de febreiro. Durante a fin de semana do Entroido, as mellores pezas salgadas de porco para o cocido puxeron o toque máis enxebre dos Mercados, e non faltaron as preciosas verduras para conseguir ese sabor de Entroido tan inconfundible. Logo de tan exquisitos días de festa, unha boa ración do doce máis irresistible para deixar o padal ben balanceado: na fin de semana do 16 ao 17 de febreiro, os Mercados de Monforte terán como protagonista ao chocolate. Todo o relativo ao mundo deste afamado doce poderemos atopalo no Espazo Expositivo da Praza de Abastos de Monforte: dende cacao en polvo ata utensilios para a súa preparación, pasando por libros e manuais de receitas en torno a este produto. Para os que busquen novas experiencias, poderán atopar no Mercado adicado ao chocolate tratamentos de chocolaterapia do Balneario de Augas Santas de Pantón, o chocolate con setas de “Hyfas da Terra”, chupitos de chocolate para o licor, e as delicias de “Diseño del Sabor”. Unha cita inesquecible para rematar como é debido este mes tan gastronómico. (Fotos: EC).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O branco, o color deste Entroido

Seguinte Nova

Agricultura ecolóxica: unha oportunidade de formación e colocación en alza

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio