A Xunta traballa nun selo de promoción único para todos os produtos agroalimentarios de calidade

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou na reunión mantida pola conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, cos responsables dos cinco consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia. CMR.

A promoción dos nosos produtos agroalimentarios de calidade segue a ser unha das prioridades nas liñas de traballo que están a desenvolver dende a Consellería de Medio Rural e Mar. Os responsables deste departamento autonómico anunciaron nestes días as novas orientacións para relanzar a calidade da produción agroalimentaria galega nos mercados nacional e internacional.

SELO DE CALIDADE ÚNICO “PERO SEN PERDER A IDENTIDADE PROPIA DE CADA PRODUTO”

Así o expresou a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, trala xuntanza mantida en febreiro cos presidentes dos cinco consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas galegas. Nesta reunión, Quintana anunciou que dende o seu departamento está a traballar na creación dun selo de promoción único baixo o que se ampararán todos os produtos agroalimentarios de calidade de Galicia, “sen que perdan a súa identidade propia”.

TRANSMITIR “UNHA CULTURA E UNHA CALIDADE PROPIAS A TRAVÉS DO VIÑO” CON ESTRATEXIAS CONXUNTAS EN ENOTURISMO

Con respecto ao viño, Rosa Quintana anunciou tamén diversas novidades. Así, a conselleira de Medio Rural destacou a “necesidade de traballar nunha gran feira do viño en Galicia que sexa potente, capaz de atraer a outras denominacións de orixe do resto de España” e, incluso, doutros países para que “sexamos capaces de transmitir co viño unha maneira de ser que é a do galego, unha cultura, unhas tradicións e tamén unha calidade”. A titular de Medio Rural explicou que a intención é unificar criterios de promoción co resto de departamentos que teñen competencia en materia de enoturismo e promoción “para traballar xuntos cara unha mesma dirección” e potenciar así conxuntamente as rutas do viño. Con esta medida, dende o Goberno galego buscan “sumar esforzos e aproveitar sinerxias na dinamización das rutas para afinar e agrupar as accións”, explicou Quintana. Esta estratexia conxunta pretende poñer en valor o traballo desenvolvido polas rutas e por cada un dos axentes implicados neste eido, tanto dende o sector privado (adegas e establecementos implicados na promoción) como dende a Administración.

MÁIS AXUDAS PARA VENDER FÓRA OS NOSOS PRODUTOS, E PARA FOMENTO DA CALIDADE

Durante a reunión cos responsables das zonas vitivinícolas de Galicia, a conselleira de Medio Rural e Mar lembrou o “compromiso do Goberno galego coa promoción e internacionalización dos nosos produtos”. Neste sentido, Medio Rural triplicou para este ano os fondos para aumentar a calidade e primala sobre a cantidade, cun orzamento total de 3,5 millóns de euros. Asimesmo, as axudas á promoción aumentaron un 50%, acadando un orzamento de 1,5 millóns de euros en achegas para a internacionalización dos produtos nos mercados de terceiros , cun incremento ademais para as axudas á promoción dos produtos con Denominación de Orixe Protexida no seo da Unión Europea. A reunión cos presidentes dos cinco consellos reguladores de Galicia centrouse no repaso da situación do sector. Neste sentido, Quintana lembrou o éxito de Galicia ao acadar, no eido da Política Agraria Común, o mantemento dun sistema acotado de produción ata o 2030 “que fai primar a calidade sobre a cantidade e que, polo tanto, beneficia á nosa Comunidade”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sectores políticos e cidadáns esixen á Xunta que manteña a independencia da área sanitaria de Monforte

Seguinte Nova

Apoio provincial á Asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria para organizar mostra e elaborar reportaxe sobre a súa labor

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio