Apoio provincial á Asociación de Palilleiras Camiño de Santiago de Sarria para organizar mostra e elaborar reportaxe sobre a súa labor

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo un encontro de traballo en Sarria coas integrantes desta asociación para tratar estes dous proxectos. En canto á mostra, o titular provincial puxo á disposición deste colectivo as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad), na capital provincial. A gravación da reportaxe en DVD sobre o traballo das palilleiras de Sarria correrá a cargo dos bolseiros e profesionais da Fundación TIC, da Escola de Imaxe e Son. Pola súa banda, a Asociación de Palilleiras de Sarria fixo entrega ó Presidente provincial dunha gravata de encaixe de bolillos, de elaboración totalmente artesanal, en recoñecemento ao apoio da institución a este colectivo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta traballa nun selo de promoción único para todos os produtos agroalimentarios de calidade

Seguinte Nova

“Faino ti mesmo”: Tradición e funcionalidade na nova tempada dos cursos de artesanía do Centrad

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: