Aprobadas as bases para subvencionar as obras da terceira fase da Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Quiroga

Ata o 31 de decembro de 2013 poderán presentarse as solicitudes para optar ás subvencións da 3ª fase do ARI de Quiroga, no ámbito denominado Praza Maior e Pacios de Mondelo. As obras deberán atender a mellora das condicións de habitabilidade relativas á distribución interior, instalacións de auga, electricidade, calefacción, ventilación, iluminación natural e aireación, illamento térmico, servizos hixiénicos e instalacións de cociña ou doutros servizos de carácter xeral. Tamén se subvencionarán actuacións nos elementos comúns das edificacións, e de mellora e conservación dos elementos que demandasen os valores histórico-artístico, arquitectónico ou ambientais. As axudas poden chegar ata o 75 por 100 do orzamento, cun máximo de 11.600 euros por vivenda de media. Para informarse sobre estas axudas, ou para a súa tramitación, os interesados deben dirixirse a Oficina de Rehabilitación (Centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

San Valentín repartiu sorte no comercio de Sarria

Seguinte Nova

O Plan especial de protección do casco histórico e xacobeo de Sarria non precisará de estudo ambiental

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: