O convenio firmado entre a Consellería de Medio Rural e a subsecretaría de Hacienda y Administraciones Públicas del Estado sobre a xestión de fincas con vocación agraria existentes en Galicia e pertencentes ao patrimonio do Estado permitirá que se integren no Banco de Terras. Esta medida permitirá a posterior cesión do seu uso e aproveitamento a terceiros; así como o seu posible alleamento a favor da persoa ou entidade á que se lle cedeu a súa explotación. Galicia é a primeira comunidade en suscribir este tipo de convenio, permitindo aos propietarios de explotacións agrogandeiras ter á súa disposición máis terra con capacidade produtiva, e así poder redimensionarse e abaratar os custes de produción. O prazo para presentar solicitudes será ata o 30 de abril nas oficinas de Agader ou nas Oficinas Agrarias comarcais.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Os recursos públicos distribuense entre os 67 concellos da provincia tendo en conta criterios como
• O conselleiro do Medio Rural, José González, lembrou que o seu departamento destina para o
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca vén de anunciar en rolda de prensa o convenio
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou as instalacións da empresa
• En 2023 desenvolveranse catro rutas gastronómicas dende Irún, Pamplona, Sevilla e Valencia con meta en