O Concello de Monforte está a insistir na “responsabilidade” e nas “obrigas cidadás” dos propietarios de animais de compañía para que as rúas e xardíns da vila do Cabe estean libres de deposicións. Dende a Concellería de Medio Ambiente de Monforte tratan de seguir concienciando á veciñanza sobre estas recomendacións a través de carteis instalados recentemente nos espazos públicos. Xa na primavera de 2012, o Concello instalou un total de dez “sanecáns”, ou contenedores para o depósito de excrementos de mascota, nos lugares onde os servizos de limpeza viaria detectaron maior presencia deste tipo de residuos. Asimesmo, desenvolvéronse diversas actuacións divulgativas sobre a existencia e uso deste servizo, e a importancia de manter as rúas e xardíns libres deste tipo de sucidade.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas
O Xeoparque Montañas do Courel lanzou un concurso para seleccionar o seu novo logo, adaptado ás
O Obradoiro Dual de Empleo Serra do Faro VIII está a facer unha importante contribución á
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,