O grupo adegueiro galego HGA Bodegas y Viñedos de Altura, propiedade do empresario Horacio Gómez Araújo, acaba de certificar diversos viños das diferentes adegas integradas no grupo, entre elas Bodegas Regina Viaron, co selo Galicia Calidade. Regina Viarum Mencía, Regina Viarum Godello, Regina Expresión, Regina Viarum Mencía Ecolóxico en Barrica, Via Imperial e Via Appia son os viños certificados con este selo, amparado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, autoridade que garantiza a confianza, o prestixio e a calidade dos produtos certificados baixo a marca Galicia Calidade.





