Calzados Losal, premio ao comercio decano de Monforte

O conselleiro de Economía e Industria entregou en Monforte este recoñecemento

Os bos pasos andados pola empresa monfortina Calzados Losal dende que arrincara en 1899 facendo calzado de xeito artesanal foi recoñecido este mes pola Xunta de Galicia dentro da iniciativa “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”. O negocio decano dos que integran o Centro Comercial Urbano de Monforte recibiu este recoñecemento de mans do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde López, que como monfortino achegouse á súa localidade natal para premiar “o bo facer de Calzados Losal polo seu traballo, durante máis dun século, como fabricante de zapatos artesanais”.

De esquerda a dereita, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas; a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal; o xerente de Calzados Losal, Gonzalo López Rodríguez; a presidenta do CCU Monforte, Mª José Senra; o conselleiro de Economía e Industria, o monfortino Francisco Conde López; e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a entrega do premio no establecemento monfortino. CEI.

IMPORTANCIA DE “SABER ADAPTARSE AOS TEMPOS”

O titular de Economía e Industria suliñou asimesmo que este premio recoñece a importancia destes establecementos locais “que souberon adaptarse aos tempos, acadando a súa pervivencia a través da calidade e da proximidade ao cliente”. O conselleiro puxo como exemplo a Calzados Losal “na súa aposta continua pola innovación e modernización”, o que lles permite ter presenza nas principais feiras internacionais do sector.

CCU DE MONFORTE, “CLAVE NA ACTIVIDADE COMERCIAL DA VILA”

Dado que establecementos como Calzados Losal demostran o papel fundamental do comercio tradicional na dinámica das nosas cidades, a importancia dos Centros Comerciais Abertos foi tamén destacada polo titular de Economía e Industria. Conde resaltou a tarefa “clave” do Centro Comercial Urbano de Monforte “na actividade comercial da vila”, e no impulso do comercio de proximidade, un dos “eixos estratéxicos” no traballo da Consellería de Economía e Industria no eido do comercio.

APOIO DO GOBERNO GALEGO Á MODERNIZACIÓN DO PEQUENO COMERCIO E AO FOMENTO DO ASOCIACIONISMO

A modernización do sector do pequeno comercio sen perder a súa calidade, e o impulso do asociacionismo comercial son dous dos obxectivos das políticas de impulso ao sector dende a Xunta de Galicia, según destacou Conde. O conselleiro lembrou que, con este fin, o Goberno galego ven de resolver axudas por valor de dous millóns de euros destinados a apoiar a 24 agrupacións de mercados e a todos os Centros Comerciais Abertos de Galicia. Conde puntualizou que, na comarca de Lemos, a Xunta leva investidos nos últimos catro anos un total de 1,7 millóns de euros na modernización e mellora das rúas e espazos comerciais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e a Secretaría Xeral para a Igualdade seguirán a colaborar na loita contra a violencia de xénero

Seguinte Nova

A clave para aforrar está na factura eléctrica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: