Completada a primeira fase do ARI de Sober, que aprobou 36 actuacións de rehabilitación

A segunda fase do proxecto de Recuperación Integral do municipio comezará en marzo

Raquel Arias, Luis Fernández Guitián, e membros da corporación municipal, na Oficina de Rehabilitación de Sober. (Arquivo EC)

A Oficina de Rehabilitación do Concello de Sober rematou a primeira fase do proxecto de recuperación integral do municipio (ARI), que atendeu a 125 interesados e aprobou un total de 36 actuacións, que suporán un investimento de 645.960 euros. Según informaron dende as dependencias municipais, as subvencións concedidas aos propietarios das vivendas, financiadas pola Xunta de Galicia, ascenderon a 290.000 euros. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, adiantou que a segunda fase da Área de Rehabilitación Integral comezará en marzo. As actuación aprobadas desenvolveranse nas parroquias de Canabal, Doade, Figueroá, Anllo Santo Estevo, Pinol, Proendos, Rosende, Gundivós, Brosmos, Santiorxo e na capitalidade municipal. Con respecto a esta iniciativa, Fernández Guitián suliñou que esta actuación integral “é posible grazas a que Sober foi o primeiro Concello de Galicia no que o ARI afecta a todo o termo municipal”, xa que inclúe un total de 2.328 vivendas, que supoñen preto do 90% dos inmobles do municipio.

CONTÍA E BENEFICIARIOS DAS AXUDAS

As axudas están destinadas a propietarios cunha antigüidade superior a dez anos, que non superen os ingresos máximos estipulados na normativa para áreas de rehabilitación do medio rural con menos de 5.000 habitantes, e que destinen as vivendas a domicilio habitual ou permanente polo menos durante cinco anos tras a finalización das obras de rehabilitación. O desenvolvemento deste proxecto permite ademais preservar os 269 elementos catalogados cos que conta o Concello de Sober. Estas subvencións, a fondo perdido, non poderán exceder do 75% do valor do orzamento, e en calquer caso ata un máximo de 11.600 euros. Luis Fernández Guitián destacou a importancia deste proxecto no sector da rehabilitación, así como a súa repercusión como dinamizador do mercado laboral. O alcalde de Sober animou aos veciños a interesarse por esta liña de axudas que permite mellorar a habitabilidade das vivendas e dignificar a imaxe do municipio, un aspecto que, subliña, “redundará de xeito positivo no turismo”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata 100 euros de multa para os propietarios de mascotas que deixen excrementos na rúa

Seguinte Nova

Novo libro sobre a tradición oral de Sober

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio