Compromiso da Xunta para revitalizar o comercio e a industria de Monforte

Encontro institucional sobre a dinamización de Monforte

O conselleiro de Economía e Industria, o monfortino Francisco Conde, e o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, durante o encontro mantido en Santiago. CEI.

O pasado 25 de febreiro, o conselleiro de Economía e Industria, o monfortino Francisco Conde, mantivo unha reunión en Santiago co alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, onde o rexedor local transmitiulle as principais iniciativas que no eido comercial e industrial estanse a poñer en marcha dende o consistorio.

APOIO DA XUNTA AOS MERCADOS TEMÁTICOS

O rexedor local solicitou o apoio da Xunta de Galicia para potenciar os Mercados de Monforte, unha actividade con importante repercusión na dinamización do comercio local. A este respecto, o conselleiro ofreceu a colaboración da Xunta “para a promoción e impulso” destes Mercados temáticos, desenvolvidos no entorno da Praza de Abastos.

A XUNTA ANALIZARÁ O PROXECTO DE MELLORA DO CAMPO DA FEIRA

Severino Rodríguez tamén expuxo a Francisco Conde a idea que baralla o Goberno local para o campo da feira de Monforte, proxecto que buscaría a mellora da propia feira pero tamén dar posibilidades a este espazo para adicalo a outro tipo de actividades. Aínda que este proxecto está, según os responsables municipais, en fase de borrador, o conselleiro de Economía e Industria comprometeuse a analizalo, “estudando as posibilidades de acometer melloras neste recinto”. O conselleiro lembrou que o Goberno galego leva investidos máis de 600.000 euros en Monforte nos últimos catro anos, en accións destinadas a impulsar o comercio local, e preto de 1,7 millóns de euros na comarca de Lemos, contribuíndo á modernización e mellora das rúas e espazos comerciais. Asimesmo, Conde destacou a aposta da Xunta polo asociacionismo no eido comercial, cun investimento de dous millóns de euros para este fin, e pola colaboración cos concellos a través das Mesas de Comercio locais, creadas ao amparo da nova Lei de Comercio de Galicia.

COMPROMISO PARA TRABALLAR NA PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO PORTO SECO

Outro dos temas tratados durante o encontro entre o alcalde e o conselleiro foi o Porto Seco. Severino Rodríguez manifestou a necesidade de continuar traballando na mellora das infraestruturas desta plataforma loxística e dos seus accesos, sobre todo o enlace coa N-120, así como a conveniencia de establecer algún tipo de colaboración ou liña de axudas destinadas a abaratar o prezo das parcelas e “facelas máis atractivas para as empresas interesadas en instalarse en Monforte”. Neste sentido, Francisco Conde amosou a súa disposición para, en colaboracion coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, “traballar na promoción e comercialización” desta plataforma loxística. Tralo encontro en Santiago, o alcalde de Monforte destacou a receptividade do Conselleiro de Economía e Industria diante das súas peticións. Pola súa banda, Francisco Conde comprometeuse a manter un contacto permanente e a traballar conxuntamente co Concello nestas cuestións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Investir e racionalizar: fórmula para afinar no gasto enerxético

Seguinte Nova

Pantón acollerá a única proba en España do circuíto profesional feminino de golf

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: