O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación Provincial de Lugo, presentou a nova tempada formativa, que integra un total de 19 cursos onde se combinan o saber tradicional co carácter prático da reciclaxe de mobles ou roupa. Según destacou a deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, durante a presentación dos cursos, “todos temos obxectos nas nosas casas que aínda poden ofrecer novos e variados usos, e en tempos de crise hai que botar man da imaxinación”, o que ofrece unha oportunidade prática ás técnicas e oficios de toda a vida. Arranxar a roupa ou restaurar mobles son algúns dos cursos que persiguen este obxectivo, e que se combinan con os máis tradicionais sobre elaboración de xoias, tecido en tear tradicional ou traballo con vimbio, incluso aplicado a aspectos como a decoración de hortas e xardíns con este material.
CURSOS EN LUGO, CERVANTES, MONFORTE, XERMADE E RIBADEO
Os 19 cursos programados polo Centro de Artesanía e Deseño comezarán o 9 de marzo e se desenvolverán ata finais do mes de xuño. Esta programación supón un total de 760 horas de formación, centradas en diferentes técnicas como a xoiería, téxtil, coiro, cestaría, cerámica e madeira. En canto á impartición dos cursos, a intención dos responsables provinciais é descentralizar a formación, polo que algúns destes cursos celebraranse en Cervantes, Monforte, Xermade e Ribadeo, e o resto na capital provincial. O obxectivo desta redistribución é, según explicou Regina Polín, “dar a oportunidade ao maior número posible de lucenses de acceder á formación en técnicas artesanais”. A responsable provincial de Artesanía e Deseño lembrou que “o sector xera emprego de primeiro nivel, sobre todo no rural”, de aí a importancia de abrir as oportunidades formativas o máis posible.
PRAZOS DE INSCRIPCIÓN
Os interesados en optar ás 163 prazas destes cursos poderán inscribirse dende este momento e ata cinco días antes do comezo de cada curso. A inscripción só poderá facerse on line, a través da web www.deputacionlugo.org, cubrindo un modelo de solicitude cos datos persoais. Unha vez cuberto este formulario, a aplicación informática indicará ao solicitante se está admitido ou en lista de espera. Cada alumno poderá participar nun só curso por tempada, excepto que queden prazas libres ao remate do proceso de inscripción. En canto á admisión, terán preferencia os solicitantes que non realizaran estes mesmos cursos nos dous últimos anos. Ao remate dos cursos, os participantes poderán recibir o diploma e certificado de asistencia.
Cursos da 1ª tempada do Centrad
INICIACIÓN Á XOIARÍA. TÉCNICAS BÁSICAS. (Centrad, Lugo) Do 06/04/2013 ao 28/04/2013
XOIARÍA EXPERIMENTAL. (Centrad,Lugo) Do 11/05/2013 ao 02/06/2013
MODELA AS TÚAS XOIAS. (Centrad, Lugo) Do 01/04/2013 ao 12/04/2013
CONSTRUCIÓN DE CAIXAS DE COIRO. (Centrad, Lugo) Do 15/04/2013 ao 03/05/2013
INICIACIÓN Ó COIRO. (Centrad, Lugo) Do 06/05/2013 ao 24/05/2013
INICIACIÓN Ó PATCHWORK. (Centrad, Lugo) Do 18/03/2013 ao 18/06/2013
APRENDENDO A TECER EN TEAR TRADICIONAL. (Pallozas do concello en San Román de Cervantes) Do 26/03/2013 ao 22/05/2013
ARRANXA AS TÚAS PRENDAS. (Centrad, Lugo) Do 01/04/2013 ao 24/04/2013
PERFECIONANDO A TÚA TÉCNICA DE TECIDO (Centrad, Lugo) Do 08/04/2013 ao 25/04/2013
FELTRO. (Monforte de Lemos, rúa Vigo 38, barrio Casar) Do 15/04/2013 ao 26/04/2013
DECORA A TÚA ROUPA. (Centrad, Lugo) Do 06/05/2013 ao 31/05/2013
ESCULTURA CERÁMICA. (Centrad, Lugo) Do 01/04/2013 ao 19/04/2013
TORNEADO DA MADEIRA. (Aldea Artesán de A Fraga, Xermade) Do 09/03/2013 ao 24/03/2013
RESTAURACIÓN DE MOBLES. (Centrad, Lugo) Do 02/05/2013 ao 10/06/2013
RECUPERANDO O PASADO. BANDEXAS EN VIMBIO. (Obradoiro de Cestaría do Rato. Paseo do Rato, Lugo) Do 18/03/2013 ao 22/03/2013
CESTARÍA DE XUNCOS. (Obradoiro de Cestaría do Rato. Paseo do Rato, Lugo) Do 08/04/2013 ao 12/04/2013
DECORA O TEU XARDÍN CON VIMBIO. (Obradoiro de Cestaría do Rato. Paseo do Rato, Lugo) Do 15/04/2013 ao 19/04/2013
CESTARÍA DE RECICLAXE. (Ribadeo-Casa do Mar, r/ Clemente Mtnez Pasarón 10) Do 02/05/2013 ao 27/06/2013
A ARTE DE CESTEAR. ESCULTURAS EN VIMBIO. (Obradoiro de Cestaría do Rato. Paseo do Rato, Lugo) Do 03/06/2013 ao 14/06/2013