Monforte mellora en recollida de lixo

O uso dos contenedores de recollida selectiva explica a redución na cantidade de residuos sólidos urbanos, os da bolsa negra, en Monforte, co conseguinte aforro que supón para o Concello no importe da factura de Sogama. Arquivo EC.

O Concello de Monforte fixo públicos os datos do balance do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos en 2012, cunha valoración “altamente positiva” dos resultados rexistrados. Dende a Concellería de Medio Ambiente, explicaron que o lixo das “bolsas negras” reduciuse nun 4,39% con respecto ao ano anterior, pasando de 6.748,3 toneladas en 2011 a 6.451,8 no pasado ano, o que supón 296,59 toneladas menos de residuos. Tendo en conta que o Concello debe pagar a Sogama 60 euros por cada tonelada destes residuos, o aforro municipal por este concepto achégase aos 18.000 euros anuais.

MÁIS SEPARACIÓN DO LIXO EN ORIXE, E “BENEFICIOSA INFLUENCIA” DO CUBEO

Os responsables municipais de Medio Ambiente apuntan como posible causa desta diminución na cantidade de residuos sólidos urbanos á maior concienciación cidadá na separación de lixo en orixe, cun correcto e crecente uso dos contenedores específicos. Asimesmo, dende o Concello non descartan “a beneficiosa influencia” que tivo o sistema de cubeo, posto en marcha en xuño de 2011, nesta tendencia.

MEDRA A RECOLLIDA SELECTIVA, AGÁS O VIDRO

A recollida selectiva en 2012 superou as cifras acadadas no ano anterior, sendo únicamente o vidro o único que rexistrou unha diminución nos rexistros de depósito. Os servizos municipais explican esta caída na recollida selectiva do vidro pola diminución do volume de negocio da hostelería, coa consecuente caída do seu aporte deste tipo de residuo. Nembargantes, a maior concienciación da cidadanía no uso dos contenedores específicos, e a “notable mellora” nas infraestruturas adicadas a este tipo de depósitos son, según os responsables municipais, as claves das boas cifras xerais na recollida selectiva de residuos. Por materiais, a recollida selectiva de vidro experimentou un descenso do 7%, con 214 toneladas contabilizadas en 2012. Asimesmo, a recollida de papel e cartón medrou un 2% o ano pasado, cun rexistro de 274,73 toneladas. O depósito destes materiais vense reforzando dende 2006 co servizo de recollida “porta a porta” dos cartóns das zonas comerciais, que se ampliou ao barrio da Estación o ano pasado. Este servizo, de carácter gratuíto para os comerciantes e establecementos, funciona de luns a sábado a partir das 21 horas. Polo que respecta á recollida de envases, rexistrouse un aumento dun 6%, con 170 toneladas rexistradas. A recollida de roupa usada medrou nun 4,35%, chegando ás 43,65 toneladas depositadas nos contenedores específicos. En canto a elementos de menor volume, como CDs, bombillas e pilas, os resultados tamén son positivos. Os 17 kgs de CDs recollidos nos contenedores específicos supoñen un aumento do 41% na recollida deste tipo de material. Pola súa banda, 40 kgs de pilas foron depositadas nos contenedores dispostos ao efecto, o que supón un aumento do 48%.

PILAS E ACEITE USADO, OS QUE MÁIS AUMENTARON

A recollida de pilas experimentou un crecemento espectacular, con 2.750 kgs, que reflexa un aumento do 817% na cantidade depositadas nos contenedores específicos. Tamén aumentou a recollida de aceite usado de forma notable, ata nun 128%, acadando as 4,11 toneladas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pantón acollerá a única proba en España do circuíto profesional feminino de golf

Seguinte Nova

Todo a punto para abrir o calendario das feiras do noso viño

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: