O chocolate, unha paixón universal en Monforte

Un dos produtos máis universais centrou o último Mercado

O chocolate e as súas presentacións protagonizaron o “Chocolate Paixón”, a última edición dos Mercados de Monforte. Os visitantes poideron atopar nos diversos expositores as mellores propostas elaboradas con este irresistible doce, e nas que arte, sabor, creatividade e beleza se deron a man nunha mostra sen precedentes no sur de Lugo. (Foto cedida La Fábrica de los Imposibles).

CON BO SABOR DE BOCA. Na fin de semana do 16 ao 17 de febreiro, os Mercados de Monforte ofreceron aos visitantes a posibilidade de mergullarse no exquisito e sorprendente mundo do chocolate. Baixo a suxerente etiqueta de “Chocolate Paixón”, este Mercado apostou polo doce máis universal en todas as súas variedades: só, combinado con especias, chocolate sólido e líquido, presentado nas formas do máis orixinal, cun toque de licor ou en aplicacións vinculadas aos tratamentos corporais. Unha aposta dos Mercados de Monforte que non deixou indiferente a ninguén, xa que o chocolate, un produto con máis de catro mil anos de antigüidade, comezou a empregarse en Europa hai quinientos anos como menciña polas súas propiedades beneficiosas tanto para o corazón como para o estado de ánimo, e acabou sendo unha alternativa deliciosa ao café cando se trataba de degustar unha bebida reconstituínte, saborosa e natural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

“Faino ti mesmo”: Tradición e funcionalidade na nova tempada dos cursos de artesanía do Centrad

Seguinte Nova

O hotel Palacio de Sober presentou un ERE para pechar durante 7 meses e medio

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: