O xadrez chantadino despunta na competición galega. O Círculo Chantadino de Xadrez ven de situarse no oitavo posto da División de Honra, en rivalidade con equipos procedentes de Vigo, Santiago, A Coruña, Ferrol e Ourense.
INTERESANTE CUARTO POSTO DO EQUIPO DE SEGUNDA DIVISIÓN
O bo papel que están a realizar esta tempada os integrantes do Círculo Chantadino de Xadrez exténdese tamén ao resto de categorías. Así, ademais do bo posicionamento do equipo A, os xogadores do equipo B que compiten en Segunda División sitúanse nun interesante cuarto posto, a tan só catro puntos do primeiro clasificado, o Ateneo Ourense. Pola súa parte, o equipo C, tamén competindo nesta mesma categoría, mantense na oitava posición cun total de oito puntos, por detrás dos dous equipos do Xadrez Ourense. Asimesmo, na Terceira División, o equipo D do Círculo Chantadino de Xadrez pecha o grupo F desta clasificación, cun total de catro puntos. O mantemento destes catro equipos en cadansúa categoría en postos significativos, dá idea da boa saúde e do dinamismo que o xadrez está a ter na vila chantadina, e que permite que a cidade teña representación na máxima categoría deste deporte en Galicia, e con garantías de continuidade.