O hotel Palacio de Sober presentou un ERE para pechar durante 7 meses e medio

•Raquel Arias e o director do Igape manifestaron ós traballadores o apoio da Xunta para o mantemento dos postos de traballo •Os socialistas levarán mocións aos concellos da comarca para que a Xunta se responsabilice do ERE tralo “fracaso” dun hotel que recibiu “axudas millonarias” do Igape •O ERE afectaría a 22 traballadores •UGT-Lemos lembrou que en Traballo xa detectaron “irregularidades” no ERE presentado

A empresa propietaria do Hotel Palacio de Sober ven de presentar na autoridade laboral un ERE que afectaría a un total de 22 traballadores, e que suporía o peche do establecemento durante sete meses e medio (de outubro a maio) nos próximos dous anos. A esta situación hai que sumar os retrasos no cobro das nóminas de 26 traballadores, aos que se lles adeudan dúas mensualidades e media, polo que iniciaron unha serie de mobilizacións para reclamar unha solución. A plantilla ao completo mantivo diversas reunións nos últimos días, tanto con representantes da Administración como de grupos políticos.

POSTURA DA XUNTA

Así, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, amosou durante o seu encontro coa plantilla “a solidaridade e apoio da Xunta para o mantemento dos postos de traballo”, e xestionou o encontro dos empregados co director do Igape, quen lles informou de que está a falar coa empresa para tratar de buscar unha “solución de consenso”.

OS SOCIALISTAS ESIXEN “RESPONSABILIDADES”

A plantilla tamén se reuniu cos responsables socialistas na zona sur, que anunciaron que levarán mocións aos concellos para esixirlle “responsabilidades á Xunta e que garanta os postos de traballo” tralo “fracaso” dun hotel que, según lembraron, foi levantado en terreos que foron propiedade da familia da delegada territorial da Xunta en Lugo, e que a empresa propietaria do establecemento recibiu do Igape “axudas millonarias” a cambio de manter dous anos 34 postos de traballo, “e unha vez superado o prazo de esixencia, agora vense as intencións”. Asimesmo, dende UGT-Lemos esixiron que a Xunta “non deixe irse de rositas” a unha empresa que recibiu 4 millóns de euros de subvención do Igape “enviando ao paro ao 80% da plantilla”. UGT lembrou que a autoridade laboral xa detectou irregularidades no ERE presentado pola empresa, xa que este non pode superar o periodo dun ano, e ademais a empresa non declara pérdidas no último balance. Dende o sindicato critican que a dirección do hotel rechazara dous eventos de máis de 200 persoas, e reclaman o mantemento dos 34 postos de traballo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O chocolate, unha paixón universal en Monforte

Seguinte Nova

Charlas da USC no IES Daviña Rei

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio