O Plan especial de protección do casco histórico e xacobeo de Sarria non precisará de estudo ambiental

En Medio Ambiente non se rexistraron alegacións durante o periodo de exposición pública

O Plan especial de protección do casco histórico e do Camiño Francés suporá unha mellora na habitabilidade e no aspcto destes espazos de Sarria, fundamentais no desenvolvemento socioeconómico e na identidade da vila. Arquivo EC.

O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado 18 de febreiro, que a Xunta non someterá ao procedemento de evaluación ambiental estratéxica o Plan especial de protección do casco histórico e do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila de Sarria. O Concello de Sarria comunicou o 19 de decembro á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a tramitación do Plan especial para determinar se debía someterse ao procedemento de evaluación ambiental estratéxica. Este procedemento evalúa os efectos significativos no ambiente que poidan ter as actuacións establecidas en plans e programas. A raíz de dita petición, a Consellería de Medio Ambiente expuxo o Plan a información pública durante 20 días. Logo de non recibir ningunha alegación e determinar que as actuacións propostas no Plan tiñan mellorado as condicións de habitabilidade e a recuperación da calidade ambiental e visual do entorno, a Xunta de Galicia non o someterá ao procedemento de evaluación ambiental estratéxica.

O Plan especial de protección do casco histórico e do Camiño de Santiago ó seu paso polo municipio de Sarria ten como obxecto a mellora das infraestruturas, servizos e equipacións públicas do entorno, así como a adecuación da urbanización da zona ós valores históricos, arquitectónicos e visuais do Camiño Francés. Para iso se delimitará unha área de rehabilitación integral (ARI). Ademais, o Plan prevé recuperar a funcionalidade residencial e fomentar a actividade económica da zona. As actuacións efectuaranse en todo o casco histórico da vila de Sarria e no tramo de enlace do Camiño de Santiago co núcleo rural de Vigo de Sarria seguindo o paso por A Ponte Ribeira, cun total de 21,32 hectáreas. O casco histórico, que conserva a estructura de vila itineraria acompañando o percorrido do Camiño Francés a Compostela, caracterízase polas numerosas construccións de interés patrimonial presentes no entorno, como A Ponte da Ribeira, os restos da Fortaleza, ou o Mosteiro da Magdalena.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobadas as bases para subvencionar as obras da terceira fase da Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Quiroga

Seguinte Nova

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e a Secretaría Xeral para a Igualdade seguirán a colaborar na loita contra a violencia de xénero

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

     
A %d blogueros les gusta esto: